O Porriño ponse en valor como destino turístico coa Festa do Peregrino e do Turismo

Este sábado 5 de outubro, O Porriño prepárase para recibir a peregrinos e turistas nunha celebración única: a Festa do Peregrino e do Turista. Cun programa cheo de actividades, a festa desenvolverase na emblemática praza Arquitecto Antonio Palacios e estenderase por todo o centro urbano, convertendo a vila nun perfecto escaparate da cultura e a tradición galega.

A xornada comezará ás 12:00 h cun divertido photocall do Camiño de Santiago, onde todos os asistentes poderán inmortalizar o seu paso por este máxico roteiro. Ás 16:30 h, os visitantes terán a oportunidade de participar nos roteiros guiados Antonio Palacios, que se levarán a cabo en seis quendas de 35 persoas cada unha, saíndo cada media hora desde a Botica Nova. Destacar que a inscrición será por orde de chegada.

A partir das 17:00 h, a praza encherase de vida con obradoiros participativos dirixidos a turistas, onde poderán aprender sobre o rico patrimonio cultural de Galicia. Haberá un obradoiro de baile tradicional galego e outro de música e canto tradicional, perfectos para aqueles que desexen mergullarse nos nosos costumes.

A festa culminará ás 20:30 h coa actuación na praza de Pan.Sen.Fron, que promete facer vibrar a todos os asistentes coa súa música. A continuación, sesión con DJ Mus.

Desde o Concello do Porriño lembran que o turismo é un piar fundamental para o desenvolvemento do municipio, e en especial, o turismo internacional que percorre o Camiño de Santiago. “Cada ano, miles de peregrinos fan unha parada no Porriño, e é unha honra para nós poder ofrecerlles unha experiencia inesquecible”, concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A Festa do Peregrino e do Turista non só celebra esta conexión, senón que tamén quere agradecerlles todo o que nos aportan e  resaltar a hospitalidade da nosa veciñanza e a cultura local”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos