O Porriño impulsa o seu turismo cun enfoque fresco e dinámico

Desde celebracións tradicionais ata rutas culturais, o Concello soubo aproveitar a súa riqueza para posicionarse como un destino interesante, especialmente para aqueles peregrinos que transitan polo Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa

O turismo no Concello do Porriño consolidouse nos últimos anos como un dos piares clave para o desenvolvemento económico e cultural do municipio. A través de diversas iniciativas ao longo do último ano, a concellería de Turismo logrou poñer en valor non só o patrimonio local, senón tamén dinamizar a economía mediante actividades que atraeron a máis de 4.000 visitantes, a maiores dos máis de 95.500 peregrinos que chegaron ao municipio facendo o Camiño de Santiago. Desde celebracións tradicionais ata rutas culturais, Porriño soubo aproveitar a súa riqueza para posicionarse como un destino interesante, especialmente para aqueles peregrinos que transitan polo Camiño de Santiago na súa vertente portuguesa.

Vanessa Ucha, a concelleira de Turismo, destaca o enfoque integral e accesible das actividades, que buscan fomentar tanto o turismo como o sentimento de identidade local. "Cada evento que organizamos está pensado para que, ademais de atraer visitantes, podamos sensibilizar sobre a importancia das nosas tradicións e produtos. Este ano conseguimos atraer a máis de 4.000 persoas, que non só se achegaron a coñecer o municipio, senón que tamén participaron activamente na conservación e promoción do noso patrimonio", explica Ucha.

O apoio ao sector apícola, a valorización do Camiño de Santiago e a celebración de tradicións centenarias foron os eixes das principais actividades. Entre elas, a Festa Apícola destacou como unha das máis innovadoras. O evento logrou reunir a máis de 1.000 persoas nunha xornada que combinou obradoiros educativos e actividades lúdicas, co fin de concienciar sobre a importancia das abellas na biodiversidade e na economía local.

Na Festa do Peregrino e Turismo, a pesar do mal tempo, máis de 500 persoas participaron en obradoiros e visitas guiadas relacionadas co legado do arquitecto Antonio Palacios, deixando claro o compromiso do Concello coa valorización do seu patrimonio e coa atención aos peregrinos que percorren o Camiño. "Estas iniciativas reflicten a nosa vocación de acoller aos visitantes, pero tamén de ofrecerlles unha experiencia auténtica vinculada á nosa historia e tradicións", comenta o alcalde Alejandro Lorenzo.

A Festa do Pan e as Alfombras de Corpus son outras das grandes citas do calendario, con actividades que promoven o comercio local e a cultura popular. Ambos eventos lograron mobilizar a máis de 1.700 persoas, dinamizando a economía local e facendo que o municipio se dera a coñecer máis alá das súas fronteiras.

Ademais, o Concello tamén se centrou no turismo cultural mediante a creación da Ruta de Antonio Palacios, coa impresión de folletos promocionais que permiten aos visitantes coñecer os edificios máis emblemáticos do arquitecto, unha figura clave para o patrimonio arquitectónico do municipio.

"A Ruta de Antonio Palacios é só un exemplo de como estamos traballando para poñer a Porriño no mapa. A través desta e outras actividades, estamos non só promocionando o noso patrimonio cultural e arquitectónico, senón tamén fomentando a economía local e o emprego", subliña Lorenzo.

O balance é claramente positivo. “O Concello do Porriño demostrou que, con creatividade, traballo en equipo e unha visión clara, é posible transformar a tradición en motor de desenvolvemento económico e cultural”, engadiu o alcalde.

Así, con a vista posta en novas iniciativas, o Concello continúa o seu camiño cara a un futuro no que o turismo é unha das pezas clave para seguir crecendo. "O noso obxectivo é seguir creando experiencias únicas que, ademais de ser atractivas para os turistas, fortalezcan o sentido de pertenza e orgullo da nosa veciñanza", concluíu o rexedor.

Este ano, o Concello conseguiu deixar unha pegada tanto nos turistas como nos porriñeses, consolidándose como un destino dinámico que mira ao futuro sen perder de vista as súas raíces.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos