O Porriño impulsa o emprego local con 18 novas contratacións municipais

O Concello do Porriño vén de presentar a solicitude de subvención á Liña 3 do Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación de Pontevedra co obxectivo de impulsar a activación do emprego local a través da contratación de persoal para distintos departamentos municipais. A iniciativa, enmarcada dentro do Plan máis Provincia 2025, busca ofrecer novas oportunidades laborais a persoas en situación de desemprego ao tempo que se reforzan os servizos municipais. Esta iniciativa permitirá crear 18 novos postos de traballo cun investimento total superior aos 282.000 euros, dos cales máis de 211.000 euros serán financiados pola Deputación.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta solicitude para dinamizar o mercado laboral no Porriño. "Queremos que esta subvención se traduza en novas oportunidades para os veciños e veciñas que buscan incorporarse ao mundo laboral. Non só estamos a falar de mellorar os servizos municipais, senón de ofrecer emprego digno a persoas no ámbito público", afirmou.

A concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, explicou que “as contratacións abranguen diversas áreas, dando resposta a sectores nos que hai unha demanda laboral importante”. Dentro do departamento de obras municipais, contrataranse un carpinteiro, un soldador e un palista que traballarán no mantemento e mellora de parques infantís, instalacións deportivas e espazos públicos. Tamén se crearán postos no departamento de parques e xardíns, onde seis peóns forestais se encargarán de realizar labores de roza, limpeza e acondicionamento de terreos públicos e zonas rurais.

No ámbito sanitario, prevese a contratación dun auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias, quen desempeñará funcións fundamentais para o control e administración de tratamentos, ademais de colaborar con outros servizos sanitarios. Ademais, reforzarase a atención nas instalacións municipais con catro conserxes, que traballarán en espazos deportivos, culturais, de emprego e turismo, encargándose da súa apertura, peche, vixilancia e atención ao público.

A convocatoria tamén inclúe perfís especializados, como graduados en Administración, Dereito ou Economía, que desenvolverán un papel clave na captación de ofertas de Emprego para a Bolsa Municipal de Emprego. Tamén se incorporará un publicista-redactor, que terá a función de divulgar as actividades municipais e informar sobre programas de axudas e subvencións, así como un arquiveiro para a organización e mantemento do arquivo municipal.

Coa presentación desta solicitude de subvención, o Concello do Porriño continúa apostando por mellorar a calidade dos servizos públicos e fomentar o emprego local, traballando de maneira coordinada coas administracións supramunicipais para garantir un mellor funcionamento do municipio.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria