O Porriño impulsa a prevención de condutas aditivas coa mocidade dos seus institutos a través dos programas "Recoñecéndonos" e "Xoga limpo"

As actividades, dirixidas ao alumnado de 3º da ESO, buscan previr o consumo de substancias aditivas e promover estilos de vida saudables entre a mocidade, mediante formación, reflexión e adquisición de habilidades persoais.

O Porriño, 23 de maio de 2025.- O Concello do Porriño está a desenvolver os programas “Recoñecéndonos” e “Xoga Limpo” nos institutos do municipio co obxectivo de previr condutas aditivas entre a mocidade. Estas accións son posibles grazas ao financiamento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que apoia proxectos municipais centrados na promoción de hábitos de vida saudables.

Impulsados pola Concellería de Sanidade e a OMIX, os programas están dirixidos ao alumnado de 3º da ESO e céntranse en proporcionar ferramentas para evitar adiccións, recoñecer riscos e fomentar un desenvolvemento persoal consciente e responsable.

A concelleira de Sanidade e Política Social, Teresa Veloso, subliña que esta colaboración co Goberno galego é esencial para levar a cabo iniciativas deste tipo: “Grazas ao apoio da Consellería de Sanidade podemos desenvolver accións que chegan directamente á mocidade. O obxectivo é claro: previr o desenvolvemento de condutas aditivas, reducir a súa incidencia e promover hábitos de vida saudables desde a adolescencia”, afirmou.

O programa “Recoñecéndonos” inclúe catro sesións presenciais nas que se tratarán cuestións como o consumo de alcol, tabaco, bebidas enerxéticas e cannabis, ademais de aspectos sobre xénero, adolescencia, factores de risco e protección. Tamén se prevé formación para o profesorado como axente clave na detección e acompañamento do alumnado.

Pola súa parte, “Xoga Limpo” reforza a educación en valores a través do respecto, o autocontrol e a toma de decisións responsables, tanto no contexto escolar como no deportivo e social.

Ambos programas contan coa intervención de profesionais especializados no eido da prevención e, no pasado ano, chegaron a máis de 250 estudantes porriñeses.

Con estas accións, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, reafirma o seu compromiso coa saúde pública e co apoio aos concellos na loita contra as condutas aditivas. O Concello do Porriño continúa traballando para garantir unha mocidade informada, crítica e con capacidade para construír un futuro libre de adiccións.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos