O Porriño implementa o método CES para protexer ás colonias felinas nas rúas

O Concello do Porriño vén de asinar definitivamente un protocolo de actuación co obxectivo de garantir o máximo nivel de protección e benestar dos animais, así como de promover a responsabilidade e concienciación da cidadanía na defensa e preservación das colonias felinas

Por iso, levárase a cabo o método CES/CER co que se pretende tanto promover a protección destes animais como controlar adecuadamente a súa poboación mediante a esterilización e o control sanitario, onde as condicións o permitan. O método CES/CER (Captura- Esterilización – Solta) que se realiza nas colonias controladas de gatos urbanos no municipio do Porriño ten como finalidade a de conseguir a mellora da calidade de vida dos gatos, diminuír os problemas de superpoboación e xerar beneficios por unha adecuada integración na realidade existente no municipio do Porriño que contribúa á súa socialización e convivencia.

A través de este método, redúcese ou elimínanse os posibles problemas que poidan xurdir asociados á presenza de gatas e gatos urbanos non controlados; estabilizar o tamaño das colonias, diminuíndo o volume de animais ingresados nos centros de acollida; ademais de favorecer a colaboración dos colectivos de alimentadores/as e colaboradores/as (imprescindible en moitos casos para a efectividade dos programas de control).

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia deste protocolo afirmando que "É fundamental garantir o benestar dos animais e promover a convivencia harmónica co entorno urbano. Este método CES/CER permítenos abordar un problema de saúde pública e protección animal dunha maneira ética e efectiva".

Neste sentido, a Concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, engadiu que "A colaboración cidadá e o traballo das asociacións e voluntarios é clave para o éxito deste proxecto. Queremos promover un Porriño máis respectuoso cos animais e máis consciente da súa responsabilidade cara a eles".

Para levar a cabo este método é necesario establecer un programa de xestión de colonias felinas urbanas. Programa cuxo obxectivo é establecer un protocolo para a autorización, rexistro e xestión das colonias por parte dos servizos municipais implicados, asociacións protectoras de animais e colaboradores/as autorizados/as polo Concello. Este proxecto apóiase no labor da sociedade e facilita a colaboración de persoas voluntarias, colectivos e asociacións sen ánimo de lucro de protección animal e veterinarios/as quen, xunto co Concello do Porriño, traballan pola protección animal, cumprindo a demanda e obriga de respecto cara aos animais.

Para ter en conta todas as colonias existentes é importante o apoio de todos, por iso se a cidadanía interesada na autorización/rexistro dunha colonia felina deberá presentar a solicitude de autorización/alta de colonia mediante unha declaración responsable, ao servizo municipal competente e encargado da súa xestión. A solicitude deberá incluír: o nome, o teléfono de contacto e o correo electrónico dos/as colaboradores/as propostos/as, localización da colonia e descrición do número de gatos e gatas.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria