O Porriño honra a figura de don Fidenciano Palacín na súa '10ª Festa do Chouripán' que se celebra este sábado, día 23 de xuño

A Praza de San Sebastián acolle este sábado, día 23 de xuño, dende as 7 da tarde, a '10ª edición da Festa do Chouripán' na que os asistentes poderán degustar o tradicional "chouripán"-a 2,5€ con bebida- elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional "Pan do Porriño", que suministran varias panaderías da vila.

Coma xa é tradición, a  Festa do Chouripán contará coa súa fogueira de San Xoan, que acenderase as 12 da noite,  e con animación musical e cultural para facer máis agradable a experiencia.

Este ano a Festa terá un evento especialmente emotivo: a colocación da placa da nova praza Fidenciano Palacín. Trátase dunha inicativa que a asamblea de socios da Asociación de Veciños aprobou no ano 2016, e que reivindica a figura de don Fidenciano Palacín, veciño do barrio, impulsor de moitas iniciativas sociais e culturais  e moi coñecido por ser o antigo carteiro do Porriño.

A solicitude da Asociación de Vecilños foi aprobada en Pleno da corporación municipal do Porriño por unanimidade de todos os grupos da corporación local e asumida polo goberno local, a través da concellería de Urbanismo, que dirixe Marcelino Coto.

Ás 7 da tarde será a a inauguración pública da placa que vai renomear a praza anexa a capela de San Sebastián do Porriño, que pasará a denominarse, Praza Fidenciano Palacín. E que coma subliña a presidenta da Asociación de Veciños, Carmen Rodríguez, "faise realidade un acordo da nosa asamblea en recoñecemento á laboura dun veciño destacado e agradecemos a todos os partidos da corporación o seu apoio a esta proposta”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria