O Porriño forma á cidadanía para estar preparada ante calquera emerxencia

As Charlas de Primeiros Auxilios son de balde para toda a veciñanza e asociacións participantes. As primeiras sesións celebraranse o 10 de febreiro no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o 26 de febreiro no Centro Cultural de Atios, en horario de 17:00 a 18:30 horas

O Porriño, 4 de febreiro de 2026.- O Concello do Porriño, en colaboración con Protección Civil, pon en marcha un programa de formación en primeiros auxilios dirixido á veciñanza e ao tecido asociativo do municipio.

As accións formativas, Charlas de Primeiros Auxilios, comezarán no barrio de Carracido e na parroquia de Atios, co obxectivo de achegar coñecementos básicos e fundamentais para actuar ante situacións de emerxencia no día a día. Nas charlas aprenderase a actuar fronte a paradas cardiorrespiratorias, afogamentos, ictus, cortes e feridas, e queimaduras.

Ademais, estas formacións son totalmente de balde para toda a veciñanza e asociacións participantes. A primeira sesión celebrarase o 10 de febreiro, en horario de 17:00 a 18:30 horas, no Centro Cultural As Mimosas de Carracido. A segunda terá lugar o 26 de febreiro, no Centro Cultural de Atios, mantendo o mesmo horario.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anima a todos os veciños e veciñas a participar: "É fundamental que toda a comunidade saiba como actuar en situacións de emerxencia. Estas charlas son unha oportunidade única para aprender coñecementos que poden salvar vidas. O noso obxectivo é chegar a todas as asociacións, centros culturais, barrios e parroquias do Porriño, coa intención de fomentar unha cidadanía máis preparada, segura e formada en primeiros auxilios”. Esta iniciativa forma parte dun programa máis amplo que se irá estendendo progresivamente a todas as asociacións culturais das parroquias e barrios do Porriño.

Estas charlas enmárcanse dentro das políticas municipais de promoción da saúde, da seguridade e da participación social, reforzando a colaboración co voluntariado e cos servizos de emerxencia locais, e consolidando a Protección Civil como un piar fundamental na atención á cidadanía.

O Concello anima á veciñanza e ás asociacións culturais, sociais e veciñais a participar nestas xornadas formativas, que contribúen a salvar vidas, e a implicarse activamente na construción dunha comunidade máis responsable e preparada ante calquera situación de emerxencia.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.