O Porriño énchese de actividades esta fin de semana con deporte, tradición, solidariedade e festa popular

Mañá sábado celébrase a VII Feira do Pan, o VIII Trofeo Ciclocrós Avanza, o IV Festival de Outono, o II Bingo solidario a favor de Afaga e a II Festa Furancheira

O domingo conmemorarase o Día da Hispanidade e Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil, cun acto litúrxico, ofrenda floral e entrega condecoracións

O Porriño, 10 de outubro de 2025.-  O Porriño vivirá unha fin de semana repleta de actividade, cultura, gastronomía e solidariedade cunha axenda chea de eventos que prometen atraer a veciñanza e visitantes. Dende o deporte de alto nivel ata a exaltación do produto local, pasando pola música tradicional, a boa mesa e as iniciativas solidarias, a vila converterase nun punto de encontro para todos os públicos.

O sábado, 11 de outubro, a partir das 11.00 horas, a Praza Arquitecto Antonio Palacios será o escenario da VII Feira do Pan do Porriño, unha celebración do produto estrela da vila que mestura gastronomía, tradición e cultura. A feira contará con showcooking da recoñecida cociñeira Coque Fariña, degustacións, obradoiro infantil “Peque Pan”, feira e xantar popular de polbo e porco ao espeto, actuacións musicais e unha experiencia gourmet con produtos con Denominación de Orixe.

Tamén mañá, O Porriño acollerá a primeira proba da Copa Galicia de Ciclocrós, o VIII Trofeo Ciclocrós Avanza - Concello do Porriño, que reunirá máis de 250 ciclistas das diferentes categorías nas inmediacións da pista de atletismo do Polígono da Granxa. A competición desenvolverase dende as 11.00 horas ao longo dun circuíto de preto de 3 km. Unha cita xa consolidada no calendario deportivo galego, que promove o deporte base e de competición nun entorno privilexiado.

Pola noite, ás 21.00 horas, o Círculo Recreativo Cultural acollerá o II Bingo Solidario en apoio de Afaga Alzheimer, organizado por ACIPOR, CCAMorea e o propio Círculo. A totalidade da recadación destinarase á asociación, que traballa mellorando a calidade de vida das persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias. Unha noite para colaborar cunha boa causa e, ao mesmo tempo, pasalo ben.

Na parroquia de Atios, Os Penediños celebran o seu V Festival de Outono, no centro cultural. Haberá magosto popular durante toda a xornada e a partir das 17.00 horas festival folclórico coas actuacións de Os Moleirinhos do Gandanha, chegados dende Monçao; Do Lado do Sol, de Abegondo e os anfitrións, Os Penediños de Atios. Ás 19.30 horas continuará a festa amenizada pola Charanga Nova Jomada e xa pola noite, a partir das 22:30 horas, actuación de Lina e Lola e Murghinsky.

O ambiente máis enxebre da fin de semana estará no Barrio da Cruz de Budiño, coa II Festa Furancheira, que terá lugar as noites dos venres 10 e 17 e sábados 11 e 18 de outubro. Dende as 19.00 horas haberá viño do país, comida caseira, música tradicional, gaiteiros e a tradicional queimada, á medianoite, con Suso Ferreiro.

Xa o domingo, 12 de outubro, O Porriño conmemora o Día da Hispanidade, unha data que, como cada ano, destaca polo acto celebrado pola Garda Civil con motivo da festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar. Será ás 12.45 horas cando se oficie a misa na igrexa parroquial de San Rosendo de Torneiros e posteriormente, no Cuartel terá lugar a xa tradicional ofrenda floral aos Caídos e entrega de condecoracións aos profesionais do Corpo distinguidos na prestación do servizo.

“Esta fin de semana, O Porriño converte en protagonista o seu deporte, a súa gastronomía, a súa música e a súa solidariedade. Un convite aberto para veciños, veciñas e visitantes a desfrutar dunha vila viva, chea de actividade e orgullosa da súa identidade”, conclúe o alcalde Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.