O PORRIÑO EN IGUALDADE

O Concello do Porriño presentou hoxe a súa programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, con actividades de visibilización sobre o papel das mulleres en diversos ámbitos e a relevancia de seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva.

“Este 8M temos que seguir loitando pola igualdade real entre homes e mulleres, hai que avanzar na visibilidade e concienciación e protexer ás mulleres desde todos os ámbitos de responsabilidade”, apuntou a concelleira de Igualdade, Carolina González, “Este Concello e o Goberno Local están moi concienciados coa igualdade, co impulso de políticas para que a sociedade avance en igualdade e inclusión”.

Son varias as iniciativas incluídas nesta programación coas que se pretende chegar a toda á sociedade. Comezando pola instalación do renovado Punto Violeta, que estará durante toda a xornada do 8M instalado na praza Arquitecto Antonio Palacios, con persoal cualificado que ofrecerá información en materia de  igualdade, e tamén a colocación das bandeiras conmemorativas que xa penduran da fachada da casa consistorial.

Como sempre defendeu o goberno municipal, a educación é un pilar clave na loita contra a desigualdade de xénero. Por iso están incluídas actividades específicas para as/os máis pequenas/os, como o espectáculo musical “A igualdade non ten idade”, dinamizado con xogos e dinámicas para amosar unha sociedade na que conflúen persoas diferentes na súa esencia pero iguais en dereitos e oportunidades. Será na praza do Concello ás 18 h. De seguido, ás 19:30 h, a actuación musical de LAW.

Outro dos actos importantes deste programa é a colocación de varias placas nas rúas e prazas do Concello co nome de mulleres que polas súas ideas e accións convertíronse en referente para moitas outras, deixando a súa pegada na nosa sociedade. Todas elas, están incluídas no rueiro municipal, pero dende o executivo avanzan que serán máis as rúas que levarán nome de muller.

No marco da campaña “Mulleres con eco”, colocaranse no centro urbano varios contenedores co rostro de importantes mulleres galegas que tiveron que facerse oco nun mundo predominado polos homes, simbolizando a importancia do seu traballo e do de moitas mulleres máis na construccón dunha sociedade igualitaria.

Para rematar, impulsáronse unhas xornadas de defensa persoal para mulleres: unha dirixida ao alumnado de 1º de bacharelato –que contará coa presenza da xuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº3 do Porriño- e outra aberta a todas as mulleres que queiran participar. Estas últimas impartiranse no pavillón municipal e teñen como obxectivo que as participantes desarrollen máis confianza nelas mesmas e no seu entorno, aprendan estratexias de prevención e detección de situación de perigo e inegren na súa vida diaria hábitos de seguridade persoal.

A xornada do 8M rematará coa lectura da declaración institucional e a proxección do vídeo conmemorativo.

A concelleira avanzou durante a presentación,  que neste momento o executivo traballa “no V Plan de Igualdade do Concello do Porriño, un plan viable e alcanzable coa perspectiva de xénero en todas e cada unha das áreas”.

Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu reivindicando “a necesidade traballar a prol da igualdade os 365 días do ano” e para iso “é preciso que as administracións nos involucremos e sexamos quen de involucrar tamén a todos os axentes sociais. A defensa dos dereitos das mulleres é cousa de todas e todos”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos