O Porriño descubre a perspectiva máis emotiva e divulgativa de Antonio Palacios

Concello e Xunta presentan o libro “Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios” de Diego Giráldez e MeliMolita

O Porriño, 10 de setembro de 2025.- Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella, Adela Ramírez. O arquitecto leva varios cadernos de debuxo que lle farán rememorar lembranzas da súa vida e da súa traxectoria profesional. Son unha segunda pel enchida de tatuaxes da que o escritor, Diego Giráldez, se vale para achegar a figura de Palacios dun xeito distinto e inédito ata o de agora. Así se dá a coñecer o libro “Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios”, que foi presentado esta tarde nun acto público no Concello do Porriño que contou coa presenza do alcalde Alejandro Lorenzo; o director Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; o seu autor Diego Giráldez e o director de Edicións de Editorial Galaxia, Marcos Calveiro.

Este libro ilustrado, editado polo Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, “é unha maneira singular de achegarnos á figura de Antonio Palacios, no que non só se recolle a súa vida e obra, senón que a reimaxina, dándolle novas capas de significado. Como alcalde, síntome profundamente orgulloso de que a nosa vila continúe reivindicando a memoria deste xenio da arquitectura, cuxo talento segue inspirando xeracións de creadores e amantes da beleza. Esta publicación é un tributo ao seu legado, un recordatorio de que as súas pegadas seguen vivas nos espazos que ideou e nos soños que construíu”, explicou o alcalde durante o acto de presentación.

Na mesma liña falou o autor Diego Giráldez, “construír este libro foi moi ilusionante. Ao meu xeito de ver, representa unha maneira diferente e inédita ata o de agora de achegarse á figura de Palacios. É un traballo que, mantendo o rigor histórico, é máis divulgativo, máis emocional e creativo. Recoñezo que non foi doado darlle forma a toda a documentación que veño acumulando dende hai moitos anos sobre o arquitecto para facer algo así, pero por iso o proxecto foi emocionante dende o principio.  Ademais, vai acompañado das ilustracións de MeliMolita, para min unha das mellores ilustradoras galegas, que soubo inspirarse nos propios cadernos de campo de Palacios e respectar a paixón que o artista porriñés amosaba pola pintura e o debuxo”. E é que a través da ficción, pero tamén dun rigoroso traballo histórico e documental, e apoiándose nas ilustracións de MeliMolita, este libro descubre ao artista porriñés dende unha perspectiva máis emotiva e divulgativa.

O alcalde rematou agradecendo ás persoas que fixeron posible este proxecto e a quen, “con curiosidade e admiración, se achegue a estas páxinas para descubrir ou redescubrir a Antonio Palacios. Agardo que este libro sexa unha ponte entre o seu legado e o noso tempo, entre a súa imaxinación e o noso devir”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.