A Escola Municipal de Música do Porriño prepárase para o novo curso

Publica o calendario para o inicio do período académico centrado na escolla de horarios de instrumento, que terá lugar os días 10 e 11 de setembro

O Porriño, 29 de agosto de 2025.- Co comezo do novo curso, a Escola Municipal de Música do Porriño publicará, a partir do vindeiro luns, 1 de setembro, a listaxe co nome, día e hora do alumnado matriculado, que ascende xa a 150, para que acuda a semana seguinte a escoller o horario de instrumento.

A actividade da Escola retómase co inicio do curso académico, “trátase dun espazo clave na formación cultural e artística dos nosos veciños e veciñas, pequeno e maiores, contribuíndo tamén a fomentar a creatividade, a disciplina e o traballo en equipo”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo durante unha visita ás instalacións da Escola onde non quixo deixar pasar a oportunidade de probar, el tamén, a experiencia de tocar un instrumento.

O luns 8 e martes 9, as instalacións da Escola, localizadas no Centro Cívico, estarán abertas en horario de 17.00 a 20.30 horas para resolver calquera dúbida ou obter información. Xa nas dúas xornadas seguintes o alumando debe acudir nunha hora determinada, segundo a especialidade elixida, para escoller o horario das clases individuais, o cal se realizará por orde de matrícula feita no mes de xuño. Así, o mércores deberán acudir ás 16.00 horas os de piano, ás 17.00 horas os de canto, ás 18.00 guitarra, ás 19.00 clarinete, ás 19.45 vento metal e ás 20.00 saxofón; o xoves 11, ás 16.00 horas frauta, ás 16.45 violín, ás 17.30 violoncello, ás 18.15 gaita, 19.00 percusión tradicional e ás 19.45 horas percusión sinfónica. Para rematar, o venres 12, de 17.00 a 20.30 horas, atenderase a novas matrículas no caso de que queden prazas vacantes, e o luns 15 de setembro establécese o inicio oficial do curso.

Ademais dos instrumentos ofertados, a Escola oferta clases de Música e movemento para nenos dende os 4 anos e de Linguaxe musical para tódalas idades e conta con sete agrupacións: banda de música, mini banda infantil, orquestra de corda, grupo de música tradicional, conxunto de guitarras, coral infantil e coral polifónica.

O inicio do curso na Escola Municipal de Música serve como punto de arranque para toda a actividade cultural e formativa do Concello, incluíndose a levada a cabo polas distintas asociacións veciñais e entes culturais que desenvolven accións formativas e de lecer nos seus locais distribuídos por tódalas parroquias, Carracido e o centro urbano. Actividades que realizan gracias á axuda recibida dende o Concello que colabora, organiza e apoia as súas iniciativas mediante as subvencións nominativas que outorga cada ano.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.