O Porriño covértese na capital galega do Pre-fin de ano

A xornada contará coa actuación da Orquestra París de Noia, as rondallas, actividades infantís, sesións DJ, uvas, cotillón e chocolate quente gratis 

O Porriño, 22 de decembro de 2025. - O Porriño despedirá o ano 2025 de maneira anticipada cunha gran xornada festiva dirixida a toda a veciñanza, que se celebrará o vindeiro 30 de decembro. Trátase dunha cita xa consolidada no calendario cultural e de lecer do municipio, organizada polo Concello e pensada para todos os públicos.

A programación arrancará pola mañá, ás 11:00 horas, cunha festa infantil na carpa do Parque do Cristo, onde a cativada será a gran protagonista. Os nenos e nenas poderán celebrar o seu propio Pre-fin de Ano co grupo de música infantil Mamá Cabra con xogos, animación e un pasarrúas protagonizado por personaxes infantís, creando un ambiente festivo e familiar desde primeiras horas do día.

Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, terá lugar o pasarrúas das tres rondallas —a Rondalla de Santa María do Porriño, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e a Rondalla Cultural Musical de Pontellas—, que percorrerán as rúas do centro da vila, enchendo O Porriño de música tradicional e espírito festivo.

A celebración central dará comezo ás 21:30 horas, cunha gran festa de Pre-fin de Ano que incluirá actuacións musicais, repartición de uvas, cotillón e chocolate quente de balde para todas as persoas asistentes.

A noite continuará coas doce badaladas que volverán soar a medianoite, cunha sesión DJ a cargo de Dumore e Groove Amigos e coa actuación da Orquestra París de Noia, completando unha proposta musical pensada para todos os gustos. O escenario principal da xornada festiva será a rúa Domingo Bueno.

“Dende o Concello convidamos á veciñanza, e tamén a todas as persoas que se acheguen dende fóra, a participar nesta celebración colectiva coa que festexamos, de maneira anticipada, o remate do ano 2025 e a benvida ao novo ano. É unha cita que xa se converteu nunha tradición no Porriño”, sinala o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen asegura ademais que este evento continuará formando parte do calendario festivo e cultural do municipio.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.