O Porriño consolida a súa posición como referente empresarial cun foro para impulsar a colaboración e o desenvolvemento económico local

A constitución deste foro contou coa participación de distintas empresas e entidades asociativas que representan aos parques industriais do municipio, a Asociación de Comerciantes, o sector hostaleiro e ao conxunto dos autónomos.

O Porriño dá un paso decisivo na súa consolidación como epicentro industrial da provincia de Pontevedra coa posta en marcha dun foro empresarial que reunirá a diversas empresas e entidades asociativas que representan aos parques industriais do municipio, a Asociación de Comerciantes, o sector hostaleiro e ao conxunto dos autónomos. Esta iniciativa nace co obxectivo de ofrecer unha representación unificada ás máis de 2.200 empresas asentadas no municipio, que destaca por ter un dos PIB máis elevados da provincia e por contar con 3,5 millóns de metros cadrados de solo industrial ocupado. Ademais, a entidade está deseñada para reforzar a cooperación entre as empresas locais e impulsar un modelo económico sustentable e innovador.

Este novo organismo facilitará o acceso a subvencións, ofrecerá asesoramento personalizado ás empresas e promoverá unha xestión coordinada entre os distintos sectores produtivos. A pesar da súa integración neste foro, as asociacións existentes manterán a súa autonomía, garantindo así unha representación equilibrada e eficaz para todo o tecido empresarial. Con esta iniciativa, Porriño reforza o seu liderado industrial e comercial, impulsando novas oportunidades de crecemento e competitividade para as súas empresas.

O alcalde de Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, expresou o seu total apoio á creación desta entidade, subliñando o impacto positivo que terá no desenvolvemento económico do municipio. “É un orgullo acoller no noso municipio a un dos maiores foros empresariais de Galicia”, afirmou.

Na mesma liña, o concelleiro de Industria, Carlos Martínez, destacou que a posta en marcha desta entidade representa un paso fundamental para fortalecer o tecido económico local e consolidar a posición do Porriño como un dos principais motores empresariais de Galicia. "O asociacionismo e a colaboración entre os distintos sectores produtivos son claves para impulsar o crecemento económico e xerar novas oportunidades para a nosa localidade", declarou.

Así mesmo, Lorenzo reafirmou o seu compromiso co empresariado local “O Concello continuará a impulsar o desenvolvemento económico a través de políticas que favorezan a xeración de emprego e a captación de investimentos”. Boa proba disto foi a declaración do Porriño como "Concello Emprendedor", un recoñecemento que levou consigo importantes medidas para promover a implantación de novas empresas e o crecemento das existentes, tales como bonificacións fiscais de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para proxectos de nova implantación ou ampliación, así como a simplificación administrativa para axilizar a concesión de licenzas de obra e facilitar o acceso ao chan industrial.

Con esta nova entidade, O Porriño reafírmase como un enclave estratéxico para o emprendemento e o investimento, impulsando a cooperación empresarial e garantindo un futuro próspero para o seu tecido produtivo.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos