O Porriño celebra o Día das Letras Galegas cunha programación especial centrada na música, a tradición e a homenaxe ás cantareiras

A exposición “As cantareiras: a voz da memoria” se pode visitar durante todo o mes no vestíbulo do Centro Cultural Municipal.

Ás 20:00 horas celebrarase o Festival de Corais na Igrexa de San Rosendo, coa participación da Coral Polifónica San Blas de Budiño, a Coral Máxico Gorki de Vigo e a Coral Alameda do Fogar de Pontevedra.

Ás 21:00 horas, a Praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o concerto do grupo BREO, unha das revelacións da música folk galega actual.

O Porriño, 16 de maio de 2025.- O Concello do Porriño conmemora o Día das Letras Galegas 2025 cunha ampla proposta cultural que pon en valor o legado da tradición oral galega e, moi especialmente, o papel das mulleres que transmitiron a través do tempo a nosa poesía popular e as nosas cantigas.

Unha das iniciativas principais é a exposición “As cantareiras: a voz da memoria” organizada pola Secretaría Xeral da Lingua, que se pode visitar durante todo o mes no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A mostra inclúe materiais editados con motivo desta celebración, así como a unidade didáctica "Canta que cadramos ben", elaborada polo IES Castelao de Vigo e gañadora do Concurso das Letras Galegas 2025 na categoría de secundaria, bacharelato e ensinanzas de réxime especial. A través destes contidos, a exposición afonda na riqueza do noso repertorio tradicional e pretende visibilizar a todas aquelas mulleres que, desde o anonimato, foron gardiás da nosa memoria cultural, contribuíndo de maneira decisiva a que a nosa literatura oral chegase ata hoxe.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta edición das Letras Galegas, afirmando que “as Letras Galegas son unha oportunidade para recoñecer o papel fundamental das mulleres na conservación da nosa identidade cultural. Este ano, especialmente, queremos poñer en valor ás cantareiras, que foron voz, memoria e alma do noso pobo”.

Ademais, o sábado 17 de maio, ás 20:00 horas, celebrarase o Festival de Corais na Igrexa de San Rosendo, cun repertorio de voces tradicionais a cargo da Coral Polifónica San Blas de Budiño, a Coral Máxico Gorki de Vigo e a Coral Alameda do Fogar de Pontevedra. A continuación, ás 21:00 horas, a Praza Arquitecto Antonio Palacios converterase no escenario do concerto de BREO, unha das propostas máis renovadoras do folk galego actual. Formado a finais de 2022, o grupo combina música tradicional e cultura inmaterial cunha sonoridade contemporánea, creando un estilo propio que mestura frescura, potencia e sensibilidade.

A concelleira de Normalización Lingüística, Carolina González, subliñou o valor simbólico desta xornada, sinalando que “conmemorar as Letras Galegas a través da música, das voces colectivas e da creación contemporánea é unha maneira de facer viva a lingua. Hoxe, máis ca nunca, debemos celebrar o galego como lingua de futuro, que conecta xeracións e se mantén viva grazas á cultura popular e ás novas propostas artísticas”.

Desde o Concello do Porriño anímase a toda a veciñanza a participar activamente nesta celebración da lingua, da música e da cultura galega, e a seguir transmitindo o legado das nosas avoas, que fixeron posible que a tradición continúe viva nas novas xeracións.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos