O Porriño avanza no seu plan de saneamento cunha nova obra en O Sobral-Eiriz que dará servizo a 38 vivendas

A actuación, adxudicada por máis de 300.000 euros, financiarase con fondos propios e ten un prazo de execución de catro meses e eliminará as fosas sépticas actuais

Preto de 200 veciños de Budiño beneficiaranse directamente desta nova conexión co sistema xeral de saneamento do río Louro, unha cifra que se duplicará ao ter en conta que o remate desta obra suporá o enganche á rede doutros barrios cubrindo practicamente a totalidade da parroquia

O Porriño, 21 de novembro de 2025.- O Concello do Porriño continúa a executar o seu plan integral de mellora do saneamento co inicio dos traballos do proxecto de O Sobral–Eiriz, na parroquia de Budiño, unha obra que permitirá conectar 38 vivendas unifamiliares do núcleos rurais de Picouzo, Cruz, Cortés e Eiriz ao sistema xeral de saneamento municipal do río Louro.

Os traballos, adxudicados por un importe total de 303.813,81 € e cun prazo de execución de catro meses, consisten na prolongación da rede municipal ao longo dos viais que dan servizo ás vivendas, eliminando as fosas sépticas actualmente empregadas. En total, instalaranse 1.142 metros de colectores de PVC de 250 e 300 mm de diámetro, cunha superficie de repavimentación de 5.450 metros cadrados, o que permitirá unha mellora integral dos camiños municipais afectados.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, vén de visitar as obras xunto cos concelleiros Ramón Porto e Carlos González, comprobando “o bo ritmo dos traballos e a importancia que teñen estas actuacións para mellorar a calidade de vida da veciñanza e protexer o noso medio natural”.

É importante sinalar que o remate desta obra está condicionado á recepción dunha autorización xudicial que se prevé recibir proximamente, xa que é precisa a ocupación dunha parcela privada, no barrio de Picouzo, pola que non foi posible chegar a un acordo co propietario, o que obrigou a realizar unha expropiación, un proceso longo e complexo que está sufrindo retrasos pero que se está a traballar para resolvelo canto antes polo interese común da veciñanza. Nesta liña, o alcalde tamén lembra que moitas veces o feito de depender da recepción de informes e autorizacións por parte doutras entidades como a Confederación Hidrográfica, é o que fai que se retrase a súa posta en marcha, pero en canto aos medios materiais e técnicos están xa todos comprometidos. “É un proceso arduo e lento por tódolos trámites administrativos que require pero estamos traballando para acadalo o antes posible”.

Ademais, é a destacar que a execución deste tramo de rede de saneamento permitirá conectar nun futuro á mesma rede a outros barrios como Benunes, do que está pendente precisamente o permiso por parte de Confedración Hidrogáfica, Mosteiro, Sanguío e Trapa, “creando así unha trazabilidade cubrindo practicamente a totalidade da parroquia”. Desta maneira, o número de vivendas e veciños beneficiarios duplicaranse.

Saneamento en tódalas parroquias

“Desde o inicio do noso mandato, as obras de saneamento foron unha prioridade absoluta. A redacción destes proxectos foi o punto de partida da nosa folla de ruta e cada día vemos como ese esforzo continúa a materializarse en obras reais que melloran a vida dos porriñeses e porriñesas”, subliñou o rexedor.

O proxecto de O Sobral–Eiriz finánciase con fondos propios do Concello do Porriño e forma parte dun plan municipal máis amplo co que se pretende completar a rede de saneamento en todas as parroquias. Alejandro Lorenzo lembra que, nos últimos tres anos e medio, “realizouse unha inversión histórica en materia de saneamento. Somos plenamente conscientes de que o saneamento é unha prioridade para moitos dos nosos veciños e veciñas, e así o compartimos, pero tamén somos conscientes de que se trata dun servizo cunha altísima complexidade técnica e cun custo económico moi elevado. Por iso, estamos a avanzar de maneira progresiva, e sen pausa, segundo a dispoñibilidade orzamentaria e coa colaboración doutras administracións”, engadiu o alcalde.

Con esta nova actuación, o Concello do Porriño segue a cumprir coa súa folla de ruta en materia de infraestruturas básicas, garantindo un saneamento eficiente, sostible e adaptado ás necesidades actuais e futuras da veciñanza de tódalas parroquias.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.