O Porriño acolle o 11º Encontro de Networking para empresarios de Galicia e norte de Portugal centrado na ciberseguridade empresarial

O Porriño, 14 de xullo de 2025.- O Centro de Iniciativa Empresarial do Polígono Industrial A Granxa acolleu hoxe o 11º Encontro de Networking Mercatus, unha xornada centrada na ciberseguridade nas empresas, organizada pola Cámara de Comercio de Tui. O evento reuniu a representantes do tecido empresarial, expertos en seguridade dixital e autoridades locais para abordar os retos e oportunidades que presenta a protección fronte aos ciberataques no ámbito empresarial.

A xornada, que contou coa presenza de Antón Fonseca, Presidente da Cámara de Comercio de Tui e Américo Temporão Reis, Vicepresidente da Confederação Empresarial do Alto Minho, ofreceu dúas ponencias nas que Rafael Pérez de la Calle, Market Leader de Ciberseguridade de Bureau Veritas para España e Portugal, e José Eugenio Torres Meira, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra, abordaron cuestións clave sobre prevención, detección e resposta ante ciberdelitos.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, foi o encargado de pechar a xornada, agradecendo ás entidades organizadoras por escoller O Porriño como sede deste tipo de encontros: “É unha honra como alcalde poder pechar este undécimo encontro de Networking Mercatus, centrado nun tema tan importante e actual como é a ciberseguridade. Vivimos nun tempo no que o dixital forma parte esencial da vida das empresas e, con iso, tamén os riscos. Coñecer as ameazas, saber como previrlas e aprender a protexernos é hoxe tan importante como calquera outro aspecto da xestión empresarial.”

Durante a súa intervención, o rexedor puxo en valor o potencial económico do municipio: “O Porriño é un municipio cunha forte estructura empresarial, con máis de 2.200 empresas activas, máis de 3,5 millóns de metros cadrados de solo industrial ocupado e un dos PIB máis altos da provincia. Cifras que nos sitúan como un referente económico e industrial en Galicia e que nos obrigan tamén a estar á vangarda en ámbitos como a dixitalización e a seguridade.”

O encontro rematou cun espazo de viño networking, no que os asistentes puideron establecer contacto directo con profesionais e entidades comprometidas coa seguridade dixital e o progreso tecnolóxico do tecido empresarial galego.

Desde o Concello do Porriño, reafírmase o compromiso coa promoción de iniciativas que impulsen a transformación dixital, a innovación e a seguridade nas empresas, apostando por un ecosistema empresarial competitivo, preparado e sostible que contribúa ao desenvolvemento económico da vila.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.