O Porriño acolle a XXXVII Feira Apícola Rías Baixas cunha ampla programación para toda a familia

O Porriño prepárase para acoller, o vindeiro sábado 5 de abril, a XXXVII Feira Apícola Rías Baixas, un evento organizado pola Agrupación Apícola de Galicia en colaboración coa Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e o Concello do Porriño. Durante toda a xornada, que se desenvolverá na Praza do Cristo de 10:00 h a 20:00 h, o mel converterase no gran protagonista nunha celebración que mestura tradición, gastronomía e innovación apícola.

Hoxe tivo lugar a presentación oficial, na que participaron o alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, membros da Agrupación Apícola de Galicia, da IXP Mel de Galicia e da Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra, así como autoridades municipais.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que "é un orgullo para o Porriño ser punto de encontro de expertos nacionais e internacionais que comparten coñecementos e experiencias en beneficio do sector apícola". Tamén destacou "a importancia de atraer visitantes e dinamizar a economía local mediante eventos que poñen en valor a nosa tradición e cultura apícola".

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, quixo manifestar o apoio do goberno autonómico a este tipo de iniciativas: "Desde a Xunta de Galicia sempre estaremos ao carón de proxectos que contribúan a poñer en valor sectores fundamentais para o desenvolvemento rural e a conservación do noso patrimonio natural". Ortiz destacou, ademais, que "a Feira Apícola Rías Baixas é un exemplo de cooperación institucional que permite promover a excelencia e profesionalización dun sector esencial para Galicia".

A feira comezará ás 10:00 e durará ata as 20:00, cunha programación que combinará actividades de divulgación e gastronomía. Entre as actividades destacadas, estarán as Xornadas Técnicas Internacionais de Apicultura, nas que se reunirá a expertos para abordar os retos do sector. Na Praza do Concello, tamén se celebrará un showcooking a cargo de Xulio Mato, do programa da TVG A voltas co prato, no que o mel será o ingrediente protagonista.

Ademais, haberá catas comentadas dos meles da IXP Mel de Galicia e da DOP Miel de la Alcarria, xunto cunha cata de queixos galegos con DOP premiados nas Catas de Galicia 2024. "Queremos que todos os asistentes vivan unha experiencia sensorial, degustando produtos de alta calidade e coñecendo de cerca o seu proceso de elaboración", destacou o rexedor.

A parte máis lúdica incluirá o Bee Happy Market, un espazo de venda de meles e produtos artesanais, así como obradoiros infantís para achegar aos máis pequenos ao mundo da apicultura. Pola súa banda, o venres pola mañá terá lugar unha actividade didáctica para os centros educativos da vila, onde os escolares aprenderán sobre as abellas e a súa importancia na polinización.

Outra das propostas máis agardadas é a tradicional degustación do Pan do Porriño, que se celebrará ás 18:30. Tamén se organizará unha ruta de tapas nos establecementos locais e un sorteo de tres caixas con produtos galegos entre os asistentes á feira ou os clientes das tascas adheridas.

O evento converterá, un ano máis, ao Porriño no epicentro da apicultura en Galicia, demostrando o traballo colectivo e o compromiso co desenvolvemento sostible do sector.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria