O pleno municipal dá luz verde a un acordo cultural pioneiro do Círculo de Bellas Artes de Madrid

 O Pleno municipal aproba a sinatura dun convenio marco de colaboración que reforza os vínculos culturais entre Galicia e Madrid arredor da obra do arquitecto porriñés.

Grazas a este convenio, o Concello disporá, de forma periódica, de exhibicións audiovisuais, materiais didácticos, entrevistas, e documentación gráfica e patrimonial sobre a obra de Palacios.

 Entre os puntos tratados, figura tamén a aprobación da 2º edición dos Premios Antonio Palacios e o cambio de nomes de rúas do Porriño. 

O Porriño, 26 de maio de 2025.- O Pleno do Concello do Porriño vén de aprobar a sinatura dun Convenio Marco de Colaboración co prestixioso Círculo de Bellas Artes de Madrid (CBA), co obxectivo de establecer unha alianza institucional que permita desenvolver iniciativas conxuntas arredor da figura e da obra do arquitecto Antonio Palacios Ramilo. Este acordo enmárcase dentro do proxecto Atlas Palacios 2024–2026, impulsado polo investigador José Manuel Mouriño, e permitirá a realización de actividades culturais, artísticas e de divulgación tanto en Galicia como en Madrid, no contexto do 150 aniversario do nacemento de Palacios e do centenario do edificio do CBA, deseñado polo propio arquitecto.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia deste convenio como “un paso máis na firme aposta do noso concello por reivindicar e difundir o legado de Antonio Palacios, unha figura esencial da arquitectura galega e española”. Engadiu tamén que "o diálogo cultural entre Galicia e Madrid ten en Palacios unha ponte natural, e este acordo permítenos reforzar esa ligazón a través da cultura, a arte e a memoria”.

Grazas a este convenio, o Concello do Porriño disporá, de forma periódica, de exhibicións audiovisuais, materiais didácticos, entrevistas, e documentación gráfica e patrimonial sobre a obra de Antonio Palacios, que se presentarán na sala de exposicións que o Concello adicará ao arquitecto. Estas accións realizaranse en coordinación co proxecto Atlas Palacios 2024–2026, co obxectivo de achegar á cidadanía o legado do creador porriñés desde unha perspectiva contemporánea e interdisciplinaria.

Así mesmo, o Círculo de Bellas Artes divulgará material, referencias documentais, imaxes e información sobre a obra de Antonio Palacios no Porriño, tanto na súa páxina web como noutras accións culturais e expositivas, recoñecendo así o valor do patrimonio local e reforzando o papel do municipio como nodo activo no diálogo cultural entre Galicia e Madrid. A sinatura oficial do convenio realizarase nas vindeiras semanas, nun acto insitucional que simbolizará o inicio desta colaboración estratéxica entre o Porriño e unha das entidades culturais máis recoñecidas do Estado.

Duante o pleno municipal, e previamente tratados ambos puntos nunha comisión específica, figurou a aprobación da 2º edición dos Premios Antonio Palacios (os galardóns impulsados polo Concello para recoñecer as contribucións destacadas nos eidos da cultura, a empresa, o deporte e o compromiso social) e o cambio de nome de rúas do Porriño que, nos tres casos, identifican á muller e impulsan o feminismo no Concello.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria