O pleno infantil de O Porriño aprobou por unanimidade unha recollida de alimentos para familias con menos recursos

O pleno infantil de O Porriño aprobou hoxe por unanimidade que o Concello organice unha recollida de alimentos para repartir entre as famílias da vila con menos recursos.Realizaráse o vindeiro 3 de decembro co gallo do #GivingTuesday (martes para dar) celebrando a acción de dar. Xa sexan alimentos, carros, obxectos de segunda mán ou tempo.A proposta aprobada polo pleno infantil determina que o 3 de decembro se faga unha recollida de alimentos en todos os centros escolares así como nos locais municipais.

Outros dos acordos da sesión foi determinar a composición da delegación que acudirá o vindeiro 22 de novembro ó Parlamento autonómico para asistir ó VII Foro Galego de Participación Infantil. A delegación porriñesa estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure e polos técnicos da OMiX e acudirá un profesor de cada centro en condición de acompañantes.

Na sesión plenaria infantil que presidiu alcaldesa Eva García coa asistencia da concelleira de Educación, en condición de secretaria, os representantes dos 10 centros escolares fixeron as súas propostas sobre os temas do concello que lles afectan máis directamente.

Construcción dun carril bici; Mellora do Paseo do Río Louro; maís pediatras no Centro de Saúde sobre toda para Urxencias; un albergue para sin techo e un comedor social; un auditorio e permiso e pinturas para poder decorar con muráis diversos espazos públicos foron as máis sobranceiras entre todas as realizadas que se recollerán na acta da sesión.

O de hoxe foi o segundo pleno infantil deste ano (o anterior celebrouse en maio). Realizouse co gallo de conmemorarse o trixésimo aniversario da Convención dos Dereitos do Neno. O Porriño foi nomeado “Cidade Amiga da Infancia” pola UNICEF, declaración vixente ata o 2022.

La sesión íntegra de hoxe pode mirarse nesta mesma páxina web na mediateca 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos