O pleno infantil aprobou celebrar unha nova edición do "Martes de dar" para unha recollida solidaria de alimentos e produtos de hixiene

Os representantes de todos os centros educativos de Porriño que participaron hoxe no pleno infantil que se celebra coa ocasión do Día Mundial da Infancia que se conmemorará mañá, acordaron por unanimidade que o Concello organice e lidere unha nova iniciativa "GivingTuesday" (Martes de dar).

Consistirá na recollida de alimentos e produtos de hixiene e a súa posterior clasificación para que sexan repartidos entre as familias con menos recursos do municipio. Tamén os nenos e nenas acordaron por unanimidade sumarse á petición doutros concellos pontevedreses que solicitan a celebración dun pleno infantil anual na Deputación no que poidan participar os representantes dos distintos consellos municipais da infancia existentes na provincia. A solicitude trasladarase á presidenta da Deputación, Carmela Silva.

No pleno infantil os representantes do CEIP de Atios, CEIP Cruz-Budiño, CEIP da Ribeira, CEIP Antonio Palacios, CPR Santo Tomás, CEIP Fernández López, Centro ACEESCA, IES Pino Manso, CPR Hermanos Quiroga e IES Ribeira do Louro, expuxeron as súas propostas para que Porriño sexa un concello máis sostible. As peticións máis repetidas foron carrís bici, unha piscina ao aire libre ou polo menos uns chorros para refrescarse no verán, máis papeleiras, limpeza do paseo do río Louro e o traslado das instalacións de "Coren" a un polígono industrial.

A concelleira de Educación, Lourdes Moure que presidiu a sesión, asistida por Noelia de la Fuente, responsable da OMIX do Porriño, tomou nota de todas as peticións dos rapaces e aproveitou para reiterarlles que mañá sábado vaise celebrar o "Pinchoneno", a versión infantil do "Pinchorriño", que foi unha das peticións que a infancia porriñesa fixera hai tempo.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos