O luns 1 de xullo comezará o campamento de verán 2024 do Concello do Porriño

O vindeiro luns 1 de xullo comenzará o Campamento de Verán organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Porriño dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa, de idades comprendidas entre os 3 de 12 anos.

O lugar de entrega e recollida dos e das participantes será na porta principal do Colexio CEIP Fernández López. A entrega será as 8:45 horas e a recollida ás 14:00 horas.

Equipamento dos rapaces e rapazas

Os rapaces e rapazas deberán levar ropa e calzado cómodos, unha mochila con calzado de reposto, unha merenda e auga, sendo obrigatorio que todos e todas as participantes vaian con crema solar e gorra.No caso de precisar algunha vestimenta ou complemento diferente, como bañador, toalla, ou calzado para piscina, serán os propios monitores e monitoras quen o comuniquen.

Persoas autorizadas para recoller os nenos e nenas

As únicas persoas autorizadas para entregar e recoller aos rapaces e rapazas do Campamento de Verán serán as que instaron a solicitude. En caso de ser outra persoa a encargada, ésta, deberá ser maior de idade e levar xunto aos monitores e monitoras a correspondente asinada; achegando os D.N.I. da persoa autorizante e autorizada.

Publicada a listaxe de admitidos no campamento de verán 2024

Pódese consultar aquí a listaxe de admitidos no campamento de verán 2024 do Concello do Porriño.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos