O equipo ciclista Lasal Cocinas-Grupo ODL Craega, líder nacional da categoría élite da Real Federación Española de Ciclismo

O alcalde do Porriño recibe ao Club Ciclista da Máster Louriña en recoñecemento ao mérito deportivo logo dunha tempada histórica

O Porriño, 18 de outubro de 2025.- O equipo élite-sub23 masculino LASAL COCINAS - GRUPO ODL CRAEGA, pertencente ao Club Ciclista Máster da Louriña, foi recibido polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, tras lograr situarse como líder do ranking nacional da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) na categoría Élite.

Este recoñecemento chega despois dunha tempada de enorme esforzo e dedicación, na que os corredores acumularon máis de 40 días de competición, superando os 4.000 km en carreiras oficiais e máis de 15.000 km en adestramentos e concentracións. Un traballo colectivo que culmina cun resultado histórico para o ciclismo galego e para a comarca da Louriña.

"É un orgullo para O Porriño contar cun equipo que leva o nome da nosa vila por todo o país con tanta dignidade, traballo e humildade. Dende o Concello seguiremos apoiando o deporte base e de alto nivel como o que representa o Club Ciclista Máster Louriña", destacou o alcalde durante o acto de recepción no Concello.

Pola súa banda, o corpo técnico do equipo agradeceu o apoio constante de institucións, patrocinadores e familias que fixeron posible este soño, subliñando que "isto é froito do compromiso dun grupo humano excepcional, tanto dentro como fóra da estrada". O encontro serviu tamén para facerlle entrega ao alcalde dun maillot conmemorativo e outros dous aos principais patrocinadores privados do proxecto, Rafa Pérez de Lasal Cocinas e Juan Castaño do Grupo ODL.

Unha vez finalizada a tempada, o club afronta novos retos de cara a 2026 e seguir facendo historia no ciclismo español. “O obxectivo para o ano é consolidar o proxecto cunha sede social á vez que intentar manter aos equipos masculino, feminino e adaptado ao máximo”, sinalan. E é que son o único club de toda España de ciclismo que ten as tres seccións disputando as copas de España.

Dende o Concello do Porriño reafírmase o compromiso co deporte como motor de cohesión social, promoción da saúde e proxección do noso territorio. O éxito do Club Ciclista Máster Louriña non só é motivo de orgullo para a nosa vila, senón tamén un exemplo inspirador para as xeracións futuras. “Continuaremos traballando da man dos clubs locais para que O Porriño siga sendo berce de talento, esforzo e superación”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.