O Consorcio de Augas do Louro garantiza o subministro de auga potable con Eiras por debaixo do 40%

O Consorcio de Augas do Louro integrado polos concellos do Porriño, Mos, Salceda e Tui,  reuniu hoxe ao seu comité na ETAP dos Valos para que os representantes de todos as entidades que o conforman comprobaran de primeira man a autonomía da rede de abastecemento en caso de alerta por seca.

E é que, a diferencia de outros concellos, como o de Vigo, co embalse de Eiras por debaixo do 40%, o Consorcio podería seguir tratando e distribuíndo auga para fogares e industrias grazas a un sistema de bombeo e potabilización que permitiría garantir o subministro de auga apta para o consumo humano.

“O embalse neste momento atópase a un 81% de capacidade e cun consumo semanal do 3%, unha cifra que se engrosará notablemente unha vez o Concello de Vigo se abasteza na súa totalidade do mesmo”, explicou o presidente, Alejandro Lorenzo.

Se ben na actualidade non está comprometida a dispoñibilidade deste recurso na zona de non darse choivas continuadas a situación pode complicarse de cara ao outono.

A última situación de seca que vivimos foi no outono do ano 2017 e os datos cos que traballamos de capacidade e as falta continuada de precipitacións apuntan a que pode darse unha situación complicada que dende o Consorcio comezamos a intentar minimizar hai meses.

 Implementáronse medidas de reducción de consumo en todos eles –peche dos sectores de rego, evitáronse os baldeos e suspensión de eventos que conlevaban un consumo non necesario de auga-,  e activouse o Plan de emerxencia contra seca co que contamos para tentar reducir o impacto da seca. Actuouse con contundencia, anticipación e responsabilidade.

Os alcaldes e alcaldesas dos catro concellos que conforman o Consorcio de Augas do Louro apelan a un consumo responsable de auga por parte da cidadanía e tamén do tecido empresarial, a fin de evitar a adopción de restricións e medidas máis drásticas, como as que foi necesario tomar nas anteriores crises os anos 2017 e 2008. Así, faise un chamamento a reducir no posible o rego de xardíns, enchido de piscinas, limpeza de rúas e vehículos, así como pequenos xestos diarios que teñen un gran impacto no consumo total, como pechar os grifos mentre se enxabona, non encher a bañeira, encher ben as lavadoras, etc...

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos