O Conselleiro de Emprego visita O Porriño para coñecer os programas de formación e emprego en execución

A colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros, mellorará a capacitación de máis de 500 persoas, favorecendo a súa inserción laboral.

Destacáronse dous proxectos en marcha: un de formación en albanelería e carpintería para mozos e outro en albanelería e pintura para desempregados en xeral.

O Multiusos de Torneiros acolleu hoxe a visita do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, co obxectivo de coñecer de primeira man os programas mixtos de emprego e formación que se están a desenvolver no Concello do Porriño grazas ao financiamento da Xunta de Galicia. O acto contou coa participación do Alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, da Concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas Táboas, así como doutros representantes institucionais, empresarios locais e o propio alumnado - traballador dos programas.

Exposición dos Proxectos en Marcha

Durante o evento, o equipo técnico dos proxectos realizou unha exposición sobre as iniciativas en marcha, detallando as actividades teórico-prácticas nas que participa o alumnado -traballador.

Actualmente, están en execución dous programas mixtos de formación e emprego. Un deles é o programa de emprego "O Noso Encontro co Emprego", dirixido a persoas menores de 30 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Este programa, que se desenvolverá ao longo de 12 meses, conta cunha subvención de 438.603,20 euros e está orientado á formación en albanelería de urbanización e carpintería de madeira, proporcionando aos participantes a oportunidade de mellorar as súas competencias profesionais e ampliar as súas perspectivas laborais. A través do mesmo, o alumnado-traballador realizará traballos de carpintería para a reparación de tres pasarelas de madeira no Paseo do Louro, substituíndo as pezas degradadas por novos elementos, así como labores de albanelería de urbanización na renovación das beirarrúas da Rúa Paralela 3 do Polígono Industrial de A Granxa.

O Alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, destacou que "Estes proxectos non só melloran a empregabilidade dos participantes ao ofrecer formación especializada en sectores altamente demandados polo tecido empresarial, senón que tamén contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio, e á vez melloran a infraestrutura local"

Por outra banda, o Obradoiro Dual de Emprego "O Porriño Humaniza", dirixido a desempregados interesados en mellorar a súa capacitación en albanelería de urbanización e traballos de pintura, conta cun financiamento de 411.928,00 euros por parte da Xunta de Galicia. Ao longo de 9 meses, o alumnado-traballador levará a cabo tarefas como a renovación das beirarrúas na avenida principal do Polígono Industrial de A Granxa, así como traballos de albanelaría e pintura no Multiusos de Torneiros, no Centro Cultural Municipal, na Casa Consistorial e en varias rúas do centro urbano e do Polígono Residencial de Torneiros.

A Concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas Táboas, puxo en valor o esforzo do alumnado e do persoal docente, sinalando que "A formación que estades a recibir hoxe é o primeiro paso cara a un futuro mellor, cheo de novas oportunidades que vos permitirán medrar profesionalmente".

Outras políticas activas de emprego

Estes programas, xunto con outras políticas activas de emprego que a Xunta de Galicia está a desenvolver en colaboración co Concello do Porriño, supoñen un investimento superior aos 1.250.000 euros por parte da Xunta, cunha aportación do Concello que supera os 300.000 euros. Grazas a esta colaboración, máis de 500 persoas mellorarán as súas oportunidades de inserción laboral, adquirindo novas competencias que lles permitirán acceder a un emprego de calidade. O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez, reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia con este tipo de programas, destacando que "o noso obxectivo é ofrecer ferramentas reais para que as persoas en situación de desemprego poidan mellorar a súa capacitación e atopar un posto de traballo".

Desde o Concello do Porriño destácase a vontade de seguir traballando man a man coa Xunta de Galicia para continuar impulsando iniciativas que fomenten a formación e o emprego, contribuíndo así ao desenvolvemento económico e social do municipio.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria