O Concello reúnese cos praceiros para explicarlles o calendario de traballo da nova transformación integral do mercado que suporá un investimento de 400.000 euros

Levarase a cabo unha modernización estética e funcional da praza de abastos, con melloras en iluminación, accesibilidade, servizos e novas infraestruturas, incluíndo unha redistribución dos postos de peixería e froitería, así como a instalación de taquillas térmicas e catro novas cámaras de frío

O proxecto inclúe demandas dos praceiros e praceiras, aos cales dende o Concello agradecen a compresión e boa recepción amosada destas obras, que se executarán en dúas fases co obxectivo de manter abertos todos os postos mentres duren os traballos

O Porriño, 2 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño vén de manter unha reunión cos praceiros e praceiras da praza de abastos para explicarlles o calendario de traballo e os detalles do proxecto de mellora e modernización do mercado municipal, cuxas obras comezarán o vindeiro 20 de outubro.

Na xuntanza participaron o alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Mercados, Antía Carrera, que transmitiron unha mensaxe de tranquilidade e colaboración, agradecendo á súa vez a compresión e boa recepción desta intervención que se realizará en dúas fases co obxectivo de garantir a continuidade da actividade comercial durante todo o proceso. “A actuación está pensada para molestar o mínimo posible. As obras faranse por fases e os postos manteranse abertos, reubicándose temporalmente noutra zona”, subliñou a concelleira, valorando de xeito positivo a reunión na que se lles explicou que o prazo de execución desta primeira fase será de 15 días, “e servirá de exemplo para estimar tamén a duración da parte restante, en función do cal podería incluso rematarse tódolos traballos neste mesmo ano, do contrario marcaríase esa segunda fase no primeiro semestre de 2026”.

O proxecto conta cun orzamento de 398.122,11 euros, sufragado case integramente a través dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, dentro do programa para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización das prazas de abastos.

Trátase dunha actuación máis das varias levadas a cabo nos últimos anos para poñer en valor este espazo público. “O Concello segue avanzando na modernización da praza de abastos cun proxecto moi agardado, que supón un antes e un despois para este espazo tan importante para a vida económica e social da vila. Non só renovamos o aspecto e os servizos, senón que atendemos a peticións dos propios praceiros, que recollemos noutras xuntanzas e agora serán unha realidade”, explica o alcalde.

Actuarase principalmente no interior do edificio, intervindo nos diferentes postos como nos locais desocupados, aseos, iluminación e tamén na fachada exterior.

Procederase á limpeza dos paneis de formigón do teito e ao lixado da estrutura metálica do soporte da cuberta, aplicando una pintura protectora e antioxidante. Redistribuiranse os postos existentes na zona de peixería creándose uns novos de cabeceira e tamén se disporán novos postos de exposición e venda para a zona de froitería. Por outra banda, crearase una estrutura metálica independente aos postos que proporcionarán un novo chan á zona de venda tanto de peixería como de froitería e un novo teito, cun sistema de iluminación, que xerará sombra evitando así os raios do sol que entran polos laterais.

Polo que respecta aos locais que están sen ocupar, un total de seis e que se sacarán proximamente a licitación, melloraranse os seus acabados para, así mesmo mellorar a imaxe do conxunto do mercado. Tamén se acondicionarán os aseos dos dous andares, instalando novos aparatos sanitarios e portas.

Por outra banda, próxima á sala de estar, na zona central do edificio, habilitaranse taquillas adaptadas térmicamente para a conservación de produtos fríos. Ademais, instalaranse catro novas cámaras de frío, que substitúen ás tres anteriores, mellorando o funcionamento das mesmas e favorecendo a sostibilidade ao reducir o consumo de enerxía primaria

En referencia ao cerramento exterior, recuperarase o soporte elevado do peche de pedra e da imaxe de formigón armado exterior, eliminándose os elementos discordantes e inadecuados que desvirtúen a imaxe orixinal do edificio e levarase a cabo una limpeza da fachada.

Das explicacións máis técnicas e tamén para resolver calquera dúbida respecto do desenvolmvento dos traballos encargáronse o arquitecto do proxecto e o director de obra da empresa adxudicataria, asistentes tamén á reunión.

Esta actuación forma parte do plan de mellora continua que o Concello do Porriño vén desenvolvendo nos últimos anos na praza de abastos, co obxectivo de poñela en valor, modernizala e facer dela un espazo de referencia para a compra de proximidade. “Queremos que a nosa praza sexa un orgullo para todos os veciños e veciñas, e que siga sendo un motor de actividade para o pequeno comercio local”, concluíu o alcalde Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.