O Concello remata a ampliación e mellora da accesibilidade do pavillón municipal do CEIP Xosé Fernández López

As obras permitiron adaptar as instalacións ás esixencias deportivas actuais e garantir a accesibilidade universal gracias a un investimento de máis de 157.000 euros, financiado na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra

O alcalde Alejandro Lorenzo asegura que se continuará traballando en acondicionar e dispor de maiores instalacións deportivas, dando resposta a una demanda xerada polos numerosos clubs existentes no municipio

O Porriño, 17 de outubro de 2025.- O Concello do Porriño vén de finalizar as obras de ampliación e mellora da accesibilidade no pavillón municipal e na cancha ao aire libre, nas inmediacións do CEIP Xosé Fernández López. A actuación permitiu modernizar estas instalacións deportivas, dotándoas de maior capacidade, mellores condicións de uso e accesos adaptados para todas as persoas.

O proxecto contou cun financiamento total de 157.086,58 euros, dos cales 120.974,93 euros foron achegados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do I Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, e os 36.111,65 euros restantes foron aportados polo propio Concello.

"Esta obra supón un avance moi importante para o deporte local, porque agora contamos cun pavillón máis funcional, preparado para eventos oficiais e accesible para toda a cidadanía; ademais, supón tamén unha mellora das infraestruturas do colexio Xosé Fernández López, cuxo alumando fai uso destas instalacións e da zona de patio exterior que será con céspede para desfrute de nenos e nenas", explicou o alcalde Alejandro Lorenzo acompañado do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López que se desprazou esta tarde ao Porriño. O rexedor engadiu que "desde o Concello agradecemos o apoio da Deputación de Pontevedra, que fixo posible unha demanda histórica dos clubs e tamén do propio centro educativo, así queremos levar adiante proxectos como este para cumprir co noso deporte e cos centro educativos".

O Porriño é un dos concellos de Galicia que máis inviste en subvencións nominativas. O alcalde salientou tamén que "a pesar de contar con tres pavillóns municipais no casco urbano e outros máis nos colexios das parroquias, temos unha alta demanda destas instalacións, cuxo uso é de balde, por parte dos clubs e deportistas do noso concello, e traballaremos en dar resposta a ela, mellorando e ampliando a rede deportiva municipal, porque no futuro do Porriño está a práctica deportiva e temos que estar á altura desa realidade”.

As obras realizadas supuxeron a disposición dun maior espazo de xogo interior, así como a creación de dous aseos adaptados, dous vestiarios, dous aseos para os árbitros e un almacén. A intervención desenvolveuse en tres ámbitos principais, por unha banda, acometeuse a ampliación do pavillón, demolendo a grada interior e parte da fachada sur para gañar superficie e adaptar a pista ás medidas regulamentarias requiridas para acoller competicións oficiais. Tamén se instalaron paneis de protección en distintas zonas e construíuse un novo aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Por outra banda, realizouse a reforma e impermeabilización do exterior, incluíndo a substitución do antigo sumidoiro da cancha ao aire libre por un novo sistema de drenaxe, así como a instalación de varandas de vidro para protexer os desniveis existentes trala demolición da grada.

A terceira liña de actuación centrouse na mellora da accesibilidade exterior, coa construción dunha rampla que conecta o colexio, a pista exterior, o espazo público e o interior do pavillón, eliminando barreiras arquitectónicas e incorporando pasamáns e elementos adaptados.

Nun percorrido polas dependencias deste pavillón, Luis López puxo de manifesto o impulso por valor de 525.000 euros cos recursos das tres convocatorias aprobadas deste plan para modernizar as instalacións municipais do Porriño que marcarán un antes e un despois para a práctica deportiva neste Concello.

As obras realizáronse respectando os espazos públicos existentes, sen afectar ao mobiliario, pavimentos nin percorridos peonís. O Concello do Porriño reafirma así o seu compromiso coa promoción do deporte, a accesibilidade e a mellora continua das infraestruturas municipais

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.