O Concello presenta unha ampla oferta de actividades para o curso 2025-2026 enfocada no benestar emocional e prevención

As concelleiras de Educación e Sanidade reuníronse cos equipos directivos dos centros educativos do municipio para planificar actividades que fomenten a calma, a educación afectivo-sexual e a prevención de riscos entre o alumnado

O Porriño, 9 de outubro de 2025.- A concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, e a concelleira de Sanidade, Teresa Veloso, mantiveron unha reunión cos equipos directivos dos centros educativos do Porriño para presentar a oferta de actividades para o curso 2025-2026, que teñen como eixe principal o benestar emocional e a prevención de problemáticas sociais e de saúde.

As actividades programadas inclúen a práctica do inglés, talleres para a calma e a relaxación, visitas á Casa Consistorial e ao parque de bombeiros, así como unha exhibición das forzas de seguridade. Neste curso destaca especialmente a incorporación de talleres afectivo-sociais e sexuais, unha demanda expresada polos propios centros.

A concelleira de Educación destacou que "a reunión foi moi positiva e frutífera, pois permitiu afondar nas necesidades reais dos centros e axustar a oferta para garantir o benestar tanto do alumnado como do profesorado, que é o pilar fundamental deste proceso”. Pola súa banda, a edil de Sanidade subliñou que "estes programas son unha prioridade para o Concello porque abordan aspectos fundamentais para a saúde emocional e física da comunidade educativa, dende Sanidade, en colaboración co centro de saúde da vila, continuaremos coa realización de obradoiros divulgativos de nutrición, enfermidades de transmisión sexual e hixiene dental”.

O programa de benestar na comunidade educativa, que se dirixe a docentes e alumnado, ten como obxectivo facilitar ferramentas para o coidado das emocións, a atención e a calma, mellorando o ambiente escolar e fomentando hábitos saudables para afrontar situacións como exames, conflitos ou momentos de estrés.

Ademais, o Concello lanzará unha serie de programas específicos que inclúen educación afectivo-sexual e prevención das agresións sexuais infantís; prevención do consumo de pornografía, da prevención da violencia de xénero, dos trastornos da conduta alimentaria e violencia estética e do acoso escolar.

Estas iniciativas buscan crear un entorno escolar seguro e igualitario, garantindo a participación activa das familias e o profesorado. Desde o Concello do Porriño insístese na aposta por unha educación integral que, ademais de formar, coide e protexa a comunidade educativa.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.