O Concello presenta en Pío XII a súa gran transformación urbana ao abeiro do Plan Extra

O proxecto, que supera os 2 millóns de euros, permitirá recuperar máis de 4.000 m² para crear un gran espazo público accesible e verde que conectará diversas rúas do casco urbano, con zonas de auga, sombra e xogos cubertos

A Deputación de Pontevedra escolle ao Porriño para presentar os proxectos que se están a executar noutros cinco concellos da comarca a través do Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra

O Porriño, 17 de novembro de 2025.- O Porriño converteuse esta tarde no punto de encontro de rexedores, concelleiros e representantes do tecido veciñal de seis concellos que integran a comarca de Vigo —O Porriño, Mos, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela e Soutomaior— nun acto no que a Deputación de Pontevedra expuxo o carácter estratéxico e transformador dos proxectos que se están a executar ao abeiro do Plan Extra.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, deu a benvida a tódolos presentes e falou do Porriño como claro exemplo de transformación, futuro, colaboración, progreso e espazos que unen ás persoas. “É para min unha enorme satisfacción darvos a benvida hoxe aquí, na rúa Pío XII, un espazo que está a vivir unha transformación histórica para O Porriño e que simboliza perfectamente o que hoxe queremos compartir: proxectos que melloran a vida das persoas e fan das nosas localidades lugares máis humanos, sostibles e modernos”. Pola súa parte, o presidente da Deputación, Luis López, salientou o compromiso do ente provincial coa financiación das actuacións en todos estes concellos e destacou o papel decisivo que teñen estes á hora de definir as obras que mellor responden ás necesidades da súa veciñanza.

No marco deste acto, o Concello do Porriño presentou o proxecto do “Novo espazo público no entorno de Pío XII”, unha intervención chamada a transformar o centro urbano do municipio e que supón unha das actuacións máis relevantes dos últimos anos. Cun orzamento total de 2.076.926,24 euros, a obra estrutúrase en 1.740.703,82 euros destinados á execución dos traballos, actualmente en fase de licitación, e 336.222,42 euros dirixidos á adquisición das parcelas que permitirán ampliar a superficie pública. A Deputación financia o proxecto con 1,1 millóns de euros a través do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra, facendo posible a recuperación e apertura dunha gran praza interior ata agora fragmentada e de uso limitado.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subliñou no acto que este proxecto marcará un antes e un despois no deseño urbano da vila. “Estamos diante dunha intervención que cambia realmente o Porriño. Recuperamos máis de 4.000 metros cadrados que durante anos foron parcelas privadas ou espazos residuais, para convertelos nun gran parque urbano, accesible, cheo de vida e pensado para todas as xeracións. É unha aposta pola calidade de vida e polo futuro do noso municipio”, afirmou. Lorenzo agradeceu tamén o respaldo da Deputación, destacando que “a colaboración institucional permite que proxectos que levaban décadas agardando se convertan hoxe en realidade”.

O novo espazo público completará a rehabilitación do Parque de Fontevella, actualmente en execución, e conectará coa rúa Antonio Palacios e tamén coa avenida Domingo Bueno, configurando un eixo urbano continuo, verde e peonil. O proxecto integra ademais o Centro Social, abrindo o equipamento ao novo ámbito e facilitando un acceso máis amable ás persoas maiores, principais usuarias do edificio.

A proposta introduce elementos pensados para o uso ao longo de todo o ano, como un parque infantil cuberto situado en dúas cotas, unha zona de sombra e descanso aproveitando o arborado existente, un anfiteatro exterior integrado na topografía para actividades culturais, e varias zonas de auga con chorros e pequenos canais destinadas ao xogo e refresco sobre todo dos máis pequenos.

O alcalde porriñés foi máis alá e fixo mención de proxectos futuros para os cales se solicitará a axuda de Deputación da Pontevedra. "A rexeneración urbana de Torneiros, a renovación do velódromo municipal, único en Galicia, sen esquecernos dunha gran prioridade para nós, como son as parroquias, mellorando os servizos básicos como son o saneamento e o acondicionamento de viais". Neste sentido, tamén se expresou o presidente provincial, “escoller O Porriño para organizar este encontro é moi pertinente”, declarou para contextualizar a celebración deste encontro nun concello do interior que é un dos motores económicos da provincia e que será tamén un dos beneficiados do esforzo investidor que deixará o vindeiro ano 128 millóns de euros nos concellos pequenos e medianos da provincia a través dos plans de cooperación +Provincia, Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e Plan Extra.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.