O Concello presenta a toda a veciñanza a nova campaña de residuos

A iniciativa foi presentada nunha charla no salón de plenos e dende hoxe celebrarase esa mesma sesión informativa en tódalas parroquias do municipio

O Porriño, 11 de novembro de 2025.-  O Concello do Porriño vén de celebrar a primeira das charlas informativas dirixidas á veciñanza sobre a nova campaña de residuos, incluída no plan integral municipal que promove a recollida separada, a compostaxe e o fomento da economía circular.

Durante a sesión, celebrada onte no salón de plenos, persoal técnico explicou en detalle as principais novidades do plan, que abrangue catro liñas estratéxicas: a posta en marcha do colector marrón para materia orgánica, a recollida de aceite doméstico usado, a recollida de téxtil e o programa de compostaxe doméstica e comunitaria.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou “a importancia de contar coa colaboración da cidadanía neste cambio de modelo”, sinalando que “un Porriño máis limpo e sostible constrúese entre todos, con pequenos xestos diarios que teñen un gran impacto ambiental e económico”.

As charlas, que terán continuidade a partir de hoxe mesmo, por tódalas parroquias pretenden achegar información práctica, resolver dúbidas e fomentar a implicación da veciñanza no novo sistema de recollida. Así, este serán, ás 20.00 horas, celebrarase na Asociación A Forna de Budiño e o venres, ás 19.00 horas terá lugar no Centro Cultural de Mosende. Para a vindeira semana, o luns 17, ás 20.00 horas, celebrarase en Chenlo; o martes 18, ás 17.00 horas, en Pontellas e ás 19.30 horas en Atios e o venres 21, ás 19.00 horas en Cans. Xa na última semana de novembro, está programada unha charla o venres 27, ás 19.00 horas, no Centro Cultural Alba de Torneiros.

O Concello anima a toda a veciñanza a participar nestas sesións para coñecer de primeira man as medidas que se están a poñer en marcha e contribuír á mellora da xestión dos residuos no municipio.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, en colaboración coa consultora galega Permae, responsable da execución técnica das campañas.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.