O Concello ofrece asesoramento para solicitar as axudas da Xunta para melloras paisaxísticas de propiedades situadas no Camiño de Santiago

David Alonso, concelleiro delegado de Turismo anunciou que o Concello ofrece asesoramento aos cidadáns do Porriño que queiran solicitar as axudas económicas que a Xunta de Galicia vén de convocar para a mellora paisaxística dos activos que se atopan no Camiño de Santiago.  Trátase de axudas para particulares de ata 10.000 euros, ata un máximo do 75% do custo da actuación, segundo establece a Xunta de Galicia.  No caso das entidades locais, como de feito solicitará o propio Concello do Porriño, a axuda alcanza os 15.000 euros.

Audio do concelleiro, David Alonso

Poden aproveitar o alcance destas axudas económicas, “todas aquelas actuacións que teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo”, segundo explica a resolución da Axencia Turismo de Galicia que as convoca.

As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos camiños de Santiago e no campo visual do seu recorrido.

En concreto, poderán ser obxecto de subvención actuacións sobre elementos etnográficos e a súa contorna (fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches...); actuacións sobre a casa e a eira; mellora nos revestimentos: fachada, cuberta con materiais propios da zona (como son a madeira, pedra ou calquera material que harmonice) ou actuacións de desentullo e limpeza de lixo ou materiais en desuso, entre outras.

Deixamos ligazón co "pdf" co anuncio da convocatoria no DOG

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.