A alcaldesa do Porriño, Eva
García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, vén de
visitar a Escola Unitaria de Mosende onde o Concello colocou un quentador de
auga e un sistema de calefacción.
A escola, subliña a alcaldesa
“carecía de calquera instalación para que as nenas e nenos estivesen quentes”.
En menos dunha semana o Concello dispuxo os mesmos, investindo uns 6.000€, e
“agora os pequenos xa no pasan frío xa que mesmo tiñan que estar na clase cos
abrigos e as cazadoras postas e non podían nin lavarse as mans porque a auga
saía conxelada da billa”.
Escola
Infantil de Torneiros e CEIP de Atios
A actuación na Escola Unitaria
de Mosende é outra máis das accións de mellora e arranxo que acomete o Goberno
local nos centros de ensino do Porriño. A finais de agosto, a alcaldesa
supervisara persoalmente o remate dos traballos de reforma e mellora da Escola
Infantil A Galiña Azul de Torneiros, nas que o Concello investiu 37.577,53€
As obras abrangueron a retirada
do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación
da caneta posterior e do comedor; a demolición de varios tabiques; a
eliminación das filtracións de auga; arranxo oe muro de contención do xardín de
xogos; substitución do pavimento; colocación dun novo pechamento metálico na
entrada; amaño do xardín e o céspede; substitución dos zócolos; reparación
de xogos, elementos e bambáns; pintado
das varandas, selado de fiestras ou a limpeza das fachadas cun tratamento de
auga a presión.
Do mesmo xeito, impulsou as obras de mellora da cuberta e dos
baños do centro CEIP Plurilingüe de Atios, cun orzamento de 15.000€.
Cero
euros da Xunta de Galicia
“Todos
estes traballos foron asumidos polo Concello na súa totalidade maila que as
competencias, exclusivas, en materia de Educación son da Xunta de Galicia”. Eva García de la Torre insiste
na necesidade, como fixo durante todo este mandato, de que o Goberno galego se faga cargo do
arranxo das fendas dos centros de ensino públicos do Porriño, “cumprindo coa súa obriga".
Neste eido, a rexedora reitera
que, logo de pedir reiteradamente a construción dunha nova gardería e un novo
colexio,
“á vista do estado do CEIP Fernández López”, a Xunta destina nos
‘cero euros’ a estas demandas nos seus
orzamentos para 2019, aínda máis, conclúe a alcaldesa, “tampouco contempla partida algunha dos 50.000€ demandados polo Goberno
do Porriño para os comedores escolares”.