O Concello impulsa obradoiros de relaxación e regulación emocional para o alumnado de infantil

Técnicas de Jamyang Yoga e dinámicas da Pedagoxía Waldorf buscan fomentar a calma, a atención e o benestar na aula

O alcalde participou na xornada inaugural hoxe no CEIP de Mosende; mañá continuará no CEIP Antonio Palacios e nos seguintes días en todos os centros educativos da vila

O Porriño, 12 de novembro de 2025.- O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e a OMIX, iniciou esta mañá os obradoiros de relaxación e regulación emocional destinados ao alumnado de 5º de Educación Infantil. A actividade pretende achegar á cativada técnicas sinxelas de respiración e consciencia corporal de Jamyang Yoga, así como dinámicas da Pedagoxía Waldorf, para favorecer a atención, a regulación emocional ea  calma en situación de contrariedade, enfado, frustración, axitación ou conflito.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado do concelleiro Marcos Martínez, acudiu á xornada inaugural celebrada no CEIP de Mosende, onde destacou a importancia destas iniciativa. "É fundamental ofrecer ao alumnado ferramentas que lles permitan xestionar as súas emocións, concentrarse mellor e mellorar o ambiente en clase. Estes obradoiros non só benefician aos nenos e nenas, senón tamén facilitan o traballo dos docentes," sinalou.

Os obradoiros, organizados pola Concellería de Educación e OMIX do Porriño, continuarán mañá xoves no CEIP Antonio Palacios e ao longo das dúas próximas semanas realizaranse no resto dos colexios do municipio.

Durante as sesións, o alumnado poderá practicar técnicas de respiración, visualización e consciencia corporal, deseñadas especificamente para a mellora da atención, a calma e a regulación emocional

Esta iniciativa busca mellorar o ambiente de aula, reducindo conflitos, aumentando a concentración e promovendo a empatía entre o alumnado. Estas actividades están pensadas para que os nenos e nenas aprendan a calmarse e centrarse, mellorando non só a súa atención, senón tamén a convivencia e a calidade educativa no conxunto do centro. Para que estes talleres teñan un impacto moi positivo no alumnado, trala propia práctica das técnicas do taller, déixase a gravación dunha técnica para que practiquen e darlle continuidade a experiencia vivida no obradoiro.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.