O Concello impulsa a profesionalización da mocidade no sector do tempo libre

Os cursos de Director/a e Monitor/a de Tempo Libre, ambos con titulación oficial, capacitarán á mocidade para coordinar e desenvolver actividades educativas en campamentos, ludotecas e outros espazos de lecer.

O Porriño, 3 de maio de 2025.- A Concellería de Xuventude do Porriño, a través da OMIX, organiza para o ano 2025 dous cursos oficiais de tempo libre que se desenvolverán en formato intensivo e semipresencial no Centro Cultural Municipal do Porriño. Trátase dos cursos de Director/a de Actividades de Tempo Libre e Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, ambos impartidos por Avada S. Coop. e a Escola de Tempo Libre Scolé.

“Queremos dotar á nosa mocidade das ferramentas necesarias para poder acceder ao mercado laboral no ámbito do lecer e o tempo libre, sectores en crecemento e cunha alta demanda de profesionais cualificados”, destacou o alcalde Alejandro Lorenzo, quen puxo en valor a aposta do Concello pola formación de calidade como motor de oportunidades.

O curso de Director/a de Tempo Libre contará cunha parte teórica de 150 horas —80 presenciais e 70 en liña— que se desenvolverá entre os días 12 de maio e 1 de xuño. Posteriormente, os participantes deberán realizar unha fase práctica de 150 horas. Esta formación está homologada pola Xunta de Galicia e capacita oficialmente para coordinar e dirixir actividades de tempo libre en todo o territorio nacional.

Pola súa banda, o curso de Monitor/a de Tempo Libre ofrecerá unha formación teórica de 200 horas (100 presenciais e 100 en liña) e tamén contará cunha fase práctica de 150 horas. As sesións presenciais terán lugar entre o 16 e o 27 de xuño, mentres que a parte telemática se estenderá do 28 de xuño ao 11 de xullo.

O obxectivo é que os mozos e mozas do Porriño conten cunha formación certificada e profesional, que lles permita desenvolver tarefas educativas en campamentos, ludotecas, granxas escola ou centros socioculturais”, explicou o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, quen animou á mocidade a participar activamente nestas iniciativas.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo  a través das seguintes ligazóns:

Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre: https://forms.gle/1L4hBteEaGV3Gm8u7. Inscricións ata o 8 de maio.

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre: https://forms.gle/AG7VCGo9vimWToYTA. Inscricións ata o 9 de xuño.

En ambas accións formativas, darase prioridade ás persoas empadroadas no Concello do Porriño.

“Formarse neste tipo de accións non só abre portas no ámbito laboral, senón que tamén contribúe a fomentar valores de convivencia, respecto e participación social”, engadiu o alcalde Alejandro Lorenzo.

Con estas novas convocatorias, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa educación non formal e co impulso do talento xuvenil, ofrecendo ferramentas útiles para o acceso ao emprego e promovendo valores fundamentais como a responsabilidade, a creatividade e a participación activa na sociedade.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos