O Concello do Porriño presenta a II edición de ACIENCIACERTA, a Mostra de Ciencias na Rúa, que terá lugar do 4 ao 6 de xuño

Porriño, 30 de maio de 2025.– Esta tarde tivo lugar no Concello do Porriño a presentación oficial de ACiENCiACERTA 2025, a segunda edición da Mostra de Ciencias na Rúa, que este ano medra en duración e en ambición. A praza do Concello e as rúas do centro urbano converteranse durante tres días –do mércores 4 ao venres 6 de xuño– nun espazo aberto para a ciencia, a divulgación e a participación cidadá.

Durante a presentación interviron o Coordinador do evento, Juancho Castaño; a Concelleira de Educación, Carolina González; a Directora de Comunicación & Global Brand en Zendal Group, Beatriz Díaz; o Director Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares e Alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, que destacou o éxito da primeira edición e a clara aposta por consolidar este evento como unha cita anual de referencia no ámbito da divulgación científica.

ACiENCiACERTA está organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal Group e, como novidade principal deste ano, conta coa colaboración institucional da Universidade de Vigo.

O tema protagonista desta edición será o cambio climático, que marcará tanto o contido das conferencias como a imaxe gráfica do evento. O obxectivo é achegar á cidadanía unha reflexión colectiva arredor da ciencia e os grandes retos ambientais do noso tempo.

A madriña de ACiENCiACERTA 2025 é a porriñesa Katia Guimaré González, enxeñeira industrial que desenvolve a súa carreira profesional na empresa ferroviaria alemá Deutsche Bahn AG. Un referente de talento galego no exterior, comprometida coa innovación e a excelencia técnica.

Katia Guimaré formará parte do xurado científico que o venres 6 de xuño avaliará os proxectos presentados polos dez centros educativos do Porriño, no marco do Concurso de Proxectos Científicos Escolares, con dúas categorías: menores e maiores de 12 anos, ademais dun premio do público. Completan o xurado Silvia Diz de Almeida, investigadora en medicina molecular e doutora pola USC e Ángel Pichel Loureiro, médico de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro e docente universitario. 

Programación completa

Mércores 4 de xuño

Lugar: Botica Nova de Palacios

Brinde pola Ciencia con Aguas de Mondariz

Charlas:

- “Natureza que protexe: o papel da vexetación no río”. A cargo de Sofía Villar Rúa e Elena Seoane Martínez

- “O cambio climático contado por un Hominino a un Neandertal”. A cargo de Eduardo Méndez Quintas, Hugo Bal García e Iván Rey Rodríguez

Xoves 5 de xuño

Charlas e actividades:

- “O extraordinario planeta A no que habitamos”. Con Martín Barreiro e Ana Mariño

- “A ornitoloxía e o cambio climático”. Con María Vidal Malde

- “Derivas”. Instalación artística sostible de Julia de la Cal

Venres 6 de xuño

Mostra de Proxectos Científicos Escolares nas rúas do centro

Votación do Premio do Público

Charlas:

- “O mar e o cambio climático”. Con Laura García Peteiro e Xulia Pisón

- “A natureza na obra de Miguelanxo Prado”. Conversa co recoñecido autor galego de cómic

ACiENCiACERTA 2025 quere achegar a ciencia á rúa, fomentar vocacións e crear espazos de encontro entre profesionais da ciencia, estudantes e veciñanza. Desde o Concello do Porriño convidamos a toda a cidadanía a participar e gozar desta festa da ciencia ao aire libre.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria