O Concello do Porriño mellora cinco camiños municipais nas parroquias de Torneiros, Pontellas e Mosende

As actuacións contan cun investimento total de 177.286,27 euros

O Porriño, 1 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño vén de poñer en marcha un ambicioso plan de mellora da rede viaria municipal nas parroquias de Torneiros, Pontellas e Mosende, cun investimento total de 177.286,27 euros (IVE incluído). O obxectivo deste proxecto é rehabilitar o firme existente e mellorar as condicións de circulación e seguridade nestes camiños, moitos deles moi transitados polos veciños e veciñas.

Está previsto que os traballos rematen nun prazo aproximado de dúas semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

As actuacións inclúen traballos de roza e limpeza, fresado de pavimento, mellora de drenaxes, pavimentación, sinalización horizontal e recrecido de arquetas mediante formigón estrutural. Tamén se contempla a creación de zonas de estacionamento e a adaptación de pasos de peóns á normativa vixente.

Camiños incluídos no proxecto:

Camiño 01 (Torneiros): Treito entre a estrada EP-2401 e a PO-331. Prevese o fresado do firme existente, a mellora do drenaxe e nova capa de rodadura con sinalización.

Camiño 02 (Torneiros): Treito sur con intersección coa EP-2401. Inclúe renovación de pavimento, mellora de beirarrúas e creación de zonas de estacionamento.

Camiño 03 (Torneiros): Zona do Polígono II. Mellora e ampliación das zonas de aparcadoiro existentes.

Camiño 04 (Torneiros): Lugar de Casal de Vello. Rehabilitación integral do firme e mellora da sinalización horizontal.

Camiño 05 (Mosende e Pontellas): Zona de A Louriña. Actuacións sobre cunetas, drenaxes e reposición do pavimento.

“O meu compromiso é claro: mellorar os servizos e infraestruturas das parroquias. Estes traballos son unha mostra de que seguimos avanzando nese camiño, para mellorar as infraestruturas básicas do noso municipio. As parroquias son prioridade. Estes camiños son fundamentais para a mobilidade diaria da veciñanza e queremos que todos os veciños, vivan onde vivan, teñan unhas condicións dignas e seguras”, sinalou o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.