O Concello do Porriño inicia as obras do novo Auditorio Municipal, un espazo para o talento e a creatividade

●       Trátase dunha infraestrutura clave para impulsar a vida cultural do municipio

O Concello do Porriño comezou esta semana as obras de construción do futuro auditorio municipal, un proxecto esperado durante anos que dará resposta ás necesidades culturais do municipio. Cun orzamento próximo aos 2,7 millóns de euros e un prazo de execución de 20 meses, está previsto que esta moderna infraestrutura abra as súas portas antes de que remate o ano 2026.

"O Porriño convértese no Concello da Cultura"

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta obra, sinalándoa como un fito para o desenvolvemento cultural do Porriño. "Iniciamos unha obra fundamental para o noso Concello, unha infraestrutura que marcará un antes e un despois para quen goza, crea e apoia a cultura", declarou con entusiasmo.

Lorenzo tamén subliñou as limitacións do actual salón de actos para atender a demanda existente. "É unha obra imprescindible, deseñada para situar O Porriño como un referente cultural. Este auditorio será moito máis que un edificio; será o centro das nosas actividades artísticas e culturais", engadiu.

Deseño moderno e funcional

O novo auditorio situarase na parte traseira do actual Centro Cultural e ocupará tamén o solar contiguo. Terá capacidade para 340 persoas, cun deseño flexible que inclúe 184 butacas en bancadas retráctiles e 156 fixas, adaptándose así a diferentes tipos de eventos.

O proxecto destaca pola súa coidada acústica e a calidade dos seus materiais. Os muros construiránse en formigón cofrado, os acabados interiores serán en madeira de Okume, e o exterior combinará granito para manter unha estética coherente coa contorna.

Ademais, contará con dous accesos, un desde o Centro Cultural Municipal e outro dende a rúa Xosé Fernández López. A escaleira lateral permitirá un acceso práctico á parte superior do auditorio cando as bancadas estean recollidas. Outros espazos inclúen dous baños adaptados, vestiarios totalmente equipados e unha zona exterior cuberta para actividades ao aire libre.

O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación, o que, segundo o alcalde, foi fundamental para materializar esta obra. "Este auditorio non sería posible sen a colaboración das institucións que apostaron polo Porriño e polo seu futuro cultural", afirmou.

O auditorio está deseñado para converterse no eixo central da vida cultural do Porriño. A nova infraestrutura permitirá acoller unha ampla variedade de eventos, desde representacións teatrais e concertos ata conferencias e exposicións.

"O Porriño é un lugar de talento e de inquedanza artística, e este auditorio será un espazo para que todo iso poida medrar e compartirse", concluíu Alejandro Lorenzo.

O inicio destas obras supón un paso firme cara á consolidación do Porriño como un referente no ámbito cultural galego, cun espazo pensado para que os porriñeses e porriñesas seus gocen e participen nunha oferta artística de calidade.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria