O Concello do Porriño informa dos cortes de tráfico previstos pola celebración do X Tríatlon este domingo

O Porriño, 13 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño informa á veciñanza que, con motivo da celebración da X Edición do Triatlón, que terá lugar o domingo 15 de xuño, será necesario realizar cortes puntuais de tráfico rodado e establecer restricións de estacionamento en distintas vías do termo municipal. As medidas de tráfico afectarán tanto ás parroquias como ao centro urbano, e teñen como obxectivo garantir a seguridade das persoas participantes e do público asistente ao evento deportivo.

Zonas e horarios con cortes e restricións:

No casco urbano:Horario: de 11:00 h a 13:30 hEstacionamento prohibido dende as 06:00 h

Corte desde Atios–A Guía (cruce de Riego) ata C/ Domingo Bueno (cruce 5ª Avda.)

Tramo entre a 5ª Avda. e a rotonda dos Aloques: prohibido circular e estacionar

Avenida de Galicia (carril esquerdo sentido Tui–Vigo): tráfico cortado e prohibición de estacionamento

C/ Ramiranes ata C/ Peña, C/ Cando e C/ Leandro Diz: carrís esquerdos cortados e sen estacionamento

C/ Manuel Rodríguez ata C/ Ramón González (Pío XII) e ata O Celtiña: restricións de estacionamento

C/ Antonio Palacios: dende o Concello ata a rotonda dos Aloques

C/ Domingo Bueno: corte desde as 07:00 h ata finalizar a proba; estacionamento prohibido dende as 06:00 h

Nas parroquias:Horario: de 10:45 h a 13:00 h

Estrada de Ribadelouro cara Mosende (zona farmacia)

Estrada de Mosende en dirección a Torneiros

Estrada de Atios–Cataboi ata o cruce de Atios–A Guía 

O Concello solicita a máxima colaboración cidadá, e recomenda planificar con antelación os desprazamentos durante esa xornada. Agradecemos a comprensión da veciñanza polas molestias ocasionadas, co fin de garantir o éxito dunha proba deportiva que reúne participantes de toda Galicia.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria