O Concello do Porriño impulsa a proxección da industria da pedra na Stonegal 2025

Ofrecerá un stand institucional compartido e gratuíto para as empresas locais, co obxectivo de facilitar a súa participación na feira e ofrecer unha imaxe unitaria da potencia produtiva do municipio

O Porriño, 26 de maio de 2025.- O Concello do Porriño presentou esta mañá, na canteira de Atios, a súa proposta expositiva para a feira internacional Stonegal 2025, que se celebrará en Vigo do 3 ao 5 de xuño. O acto, que contou coa presenza de representantes institucionais, entidades e empresarios do sector da pedra natural, serviu para dar a coñecer a implicación activa do Porriño nun evento clave para a industria do granito a nivel nacional e internacional.

A participación do Concello na feira enmárcase nun acordo de colaboración conxunta co Clúster do Granito e coa Stonegal, co obxectivo de reforzar o posicionamento do municipio como símbolo do sector. Esta alianza permitirá combinar accións de promoción, espazos compartidos de difusión empresarial e eventos singulares que se desenvolverán tanto en Vigo como no propio territorio porriñés.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou que esta colaboración “permite poñer en valor o que somos: un municipio vinculado historicamente á pedra, cunha industria sólida, innovadora e con gran capacidade de internacionalización. Participar na Stonegal significa dar visibilidade ás nosas empresas e reafirmar o noso papel como motor deste sector en Galicia”.

Dende a organización da Stonegal, o seu director Alejandro Miras cualificou esta colaboración como “un acerto lóxico e necesario para recoñecer o papel central que xoga o Porriño no ecosistema da pedra natural”. Tamén o secretario xeral do Clúster do Granito, José Ángel Lorenzo, subliñou que “esta iniciativa pon en marcha unha sinerxía real entre empresas, territorio e futuro”.

Como parte desta colaboración, o Concello impulsará un stand institucional compartido e gratuíto para as empresas locais, co obxectivo de facilitar a súa participación na feira e ofrecer unha imaxe unitaria da potencia produtiva do municipio. 

A alianza contempla ademais a celebración da Stone Gala, unha velada exclusiva que terá lugar o 4 de xuño nunha das canteiras do municipio. O evento reunirá profesionais do sector, arquitectos e representantes institucionais, e acollerá a entrega dos Premios Stonegal, así como, por primeira vez, do Premio Antonio Palacios de Arquitectura e Pedra, creado en homenaxe ao ilustre arquitecto porriñés.. A gala combinará o simbolismo do lugar coa posta en valor da pedra como material de futuro.

A Xunta de Galicia puxo en valor a relevancia desta iniciativa, tanto desde a óptica industrial como dende a territorial. O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, destacou o carácter estratéxico do sector da pedra natural, subliñando que o granito galego “non só achega un valor determinante á nosa economía, senón que tamén proxecta Galicia ao exterior como un territorio asociado á calidade, á innovación e á sustentabilidade”. Pola súa banda, a delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, coincidiu en salientar que actos como o celebrado no Porriño “evidencian a capacidade da provincia para liderar sectores con identidade propia, onde tradición e futuro camiñan da man grazas á colaboración entre institucións e tecido produtivo”.

Con esta iniciativa, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa defensa e promoción do sector da pedra natural como motor económico e símbolo de identidade, consolidando así o liderado do municipio nunha industria estratéxica para Galicia.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria