O Concello do Porriño homenaxea a Lucía Samoelle, talento local e estrela en ascenso da música galega

O Porriño, 9 de xullo de 2025.- O Concello do Porriño recibiu esta mañá, nun emotivo acto institucional, á cantante Lucía Samoelle, veciña da parroquia de Chenlo, como mostra de recoñecemento polo seu brillante percorrido artístico e a súa participación actual no programa da TVG A Liga dos Cantantes Extraordinarios.

O acto, que contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, foi unha homenaxe ao talento local, ao esforzo e ao compromiso da artista. O rexedor destacou "o orgullo que supón para todo o municipio ver a unha porriñesa triunfar e emocionar a Galicia enteira coa súa voz". Subliñou tamén o compromiso do Concello en apoiar o talento local, especialmente o xuvenil, e animou a Lucía a seguir representando a Porriño con paixón e humildade.

Con tan só 25 anos, Lucía Samoelle acumula unha traxectoria prometedora. Leva cantando dende os 12 anos, cando participou no certame local "Tes Talento", onde acadou o terceiro posto na edición de 2022. No ano 2024 foi gañadora da terceira edición do concurso “Xuntos quero ser artista”, emitido pola TVG dentro do programa Xuntos, consolidando así a súa presenza no panorama musical galego.

Recentemente tamén quedou segunda no certame vigués "Megaestrelas", o que lle permitiu obter unha beca dun ano de formación en canto no Conservatorio das Artes Mayeusis, reforzando así a súa formación artística.

Ademais da súa faceta musical, Lucía é educadora social, profesión que compaxina coa súa paixón pola música, á que define como "unha vía de escape e unha forma de expresión persoal e emocional".

O Concello do Porriño quixo poñer en valor non só o talento artístico de Lucía, senón tamén o seu compromiso coa cultura e coa sociedade, e desexoulle moitos éxitos nesta nova etapa televisiva e profesional.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.