O Concello do Porriño entrega os diplomas do Programa Integrado de Emprego "PIE Porriño" 2024-2025

Un 55% das persoas participantes xa lograron inserción laboral gracias a unha formación práctica e adaptada ás demandas actuais do mercado de traballo

O Porriño, 23 de xuño de 2025.– O Concello do Porriño celebrou esta mañá o acto de entrega de diplomas ás persoas participantes no Programa Integrado de Emprego “PIE Porriño”, unha iniciativa desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia e financiada con 220.000 euros a través do Servizo Público de Emprego Estatal, que conta ademais cunha cofinanciación municipal de 55.000 euros.

O Alcalde, Alejandro Lorenzo, encargado de entregar os diplomas, e a Concelleira de Emprego e Formación, Ascensión Rosario Costas, estiveron presentes no acto, no que destacaron o compromiso do Concello por ofrecer oportunidades reais de inserción laboral á veciñanza.

O programa, que se desenvolve desde outubro de 2024 ata outubro de 2025, ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas a través de accións de orientación, formación e prácticas en empresas.

O Alcalde, Alejandro Lorenzo afirmou:“Estamos moi orgullosos do traballo que estamos a desenvolver co Programa Integrado de Emprego. Estes resultados demostran que a formación adaptada ás necesidades reais do mercado é a clave para facilitar a inserción laboral e mellorar a vida da nosa veciñanza. Ademais, durante este ano 2025, o Concello do Porriño está a impulsar diversos plans integráis de emprego, obradoiros de emprego, plans de emprego e formación, que supoñen un investimento de máis de 1 millón de euros destinados ás políticas activas de emprego”.

Ata o momento, xa se impartiron 560 horas de formación presencial e 230 horas en teleformación, con módulos como portugués, prevención de riscos laborais e incluso aplicacións de intelixencia artificial como ChatGPT.

Entre as formacións xa finalizadas e cuxos diplomas se entregaron hoxe destacan:

Técnicas de busca de emprego

Fundamentos de coaching

Operario de produción

Prevención de riscos laborais

Intelixencia artificial aplicada aos procesos de atención ao cliente

Estratexias de servizo: calidade e orientación ao cliente

Xestión da cadea loxística

Carretillas elevadoras (nivel 1 e 2)

Habilidades sociais e intelixencia emocional

Plataformas de traballos en altura e manexo de grúa ponte-pórtico

En canto á inserción laboral, un 55% das persoas participantes xa están traballando, das que 27 cumpren co obxectivo marcado polo programa. Un 9% accederon a obradoiros de emprego ou ao Plan + Provincia, mentres que outras continúan con formación, comezan prácticas ou están en proceso de iniciar convenios con empresas.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.