O Concello do Porriño celebra esta fin de semana o “Fli-Po Market”, o primeiro mercado sostible do municipio

O Porriño, 6 de xuño de 2025.- O Concello do Porriño celebrará esta fin de semana, os días 7 e 8 de xuño, a primeira edición do Fli-Po Market, un mercado pioneiro que converterá a Praza 8 de Marzo (Avenida de Galicia) nun espazo de encontro arredor da economía circular, o consumo responsable e a participación cidadá.

O Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca a importancia deste mercado como unha acción innovadora e comprometida co medio ambiente, subliñando que “o Fli-Po Market supón unha oportunidade para concienciar á cidadanía sobre a importancia de reducir residuos e apostar pola reutilización, co obxectivo de converter O Porriño nun referente en iniciativas sostibles”.

Organizado polo Concello do Porriño, o Fli-Po Market nace co obxectivo de promover hábitos de consumo sustentables e dar visibilidade a proxectos baseados na reutilización, a reciclaxe e a creatividade. Ofrecerá un espazo para a compra, venda e intercambio de produtos de segunda man. Ademais, contará cunha ampla programación de actividades lúdicas, música en directo e unha variada oferta gastronómica con postos de comida.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

SÁBADO 7 DE XUÑO

11:00 h – Apertura do Mercado de artesáns e deseñadores sostibles.

14:30 h – Actuación musical de Sálvora Trío.

16:30 h – 18:00 h – Obradoiro de macramé con refugallos téxtiles, a cargo de Hypathia.Obradoiro de petos de macramé con refugallos téxtiles sobre camisetas recicladas. Podes traer a túa propia camiseta ou entregaráseche unha reciclada.Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas.

18:30 h – 20:00 h – Obradoiro "Do vidro á eco-creatividade", por Kolbéh.Elaboración de floreiros con materiais reciclados. Podes traer o teu recipiente ou proprcionaráseche un reciclado. Para maiores de 11 anos – Máximo 15 prazas.

20:30 h – 22:30 h – Sesión musical con DJ Rapante.

DOMINGO 8 DE XUÑO

12:00 h – Apertura do Mercado Popular.

12:15 h – 13:45 h – Charla/Obradoiro con Retoque Retro: Arte cos residuos do mar.Obradoiro dirixido a todos os públicos, incluídas familias con nenos/as.

13:45 h – 15:45 h – Actuación musical de Bafana Bafana.

17:00 h – 18:30 h – Charla/Obradoiro con Inda Gargamala: Fractais sobre madeira reciclada.

19:00 h – 19:30 h – Actuación de Laura Carmona, participante de La Voz Kids 2025.

19:30 h – 21:30 h – Actuación musical de Somoza Trío.

21:30 h – Peche do mercado e sorteo da persoa gañadora.

Desde o Concello do Porriño anímase a toda a veciñanza e persoas visitantes a participar activamente neste mercado único, que combina cultura, sustentabilidade e lecer para todos os públicos. 

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria