O Concello do Porriño aproba un crédito extraordinario para acometer unha obra de emerxencia en Gulpilleira debido ao perigo existente pola escorrentía da A- 52

Un investimento de máis de 340.000 euros fará posible a reparación das infraestruturas afectadas en Gulpilleira.

O Concello traballa para alcanzar un convenio co Ministerio de Fomento que permita cofinanciar a actuación.

O Porriño, 29 de abril de 2025.- O Pleno do Concello do Porriño aprobou a concesión dun crédito extraordinario, financiado con Remanente Líquido de Tesourería, para afrontar diversos investimentos urxentes, entre os que destaca a execución da obra de Renovación das redes de saneamento nos viais do lugar de Gulpilleira pola escorrentía de augas pluviais da A-52, cun importe de adxudicación de 327.943,81 euros, máis 16.846,81 euros destinados á dirección de obra e á coordinación de seguridade e saúde.

Esta actuación foi declarada de emerxencia mediante Decreto da Alcaldía, debido ao grave deterioro do firme viario e á inclinación dos peches das propiedades, poñendo en risco a seguridade de viandantes, peóns e condutores. A situación agravouse tras os últimos temporais, xerando un escenario de alto perigo, tal e como sinalaron os informes dos técnicos municipais.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que "a situación na Gulpilleira é insostible e non podemos seguir agardando polo Ministerio. A protección dos nosos veciños está por riba de calquera outra consideración. O Concello actúa con responsabilidade, e tanto os nosos técnicos como a Deputación de Pontevedra sinalan que a tubaxe existente resulta insuficiente para recoller e desaugar os caudais procedentes da drenaxe transversal da A-52, o que provoca problemas de acumulación e deterioro no lugar. Estamos en contacto co Ministerio para lograr un convenio que permita que Fomento asuma parte dos custes desta intervención tan necesaria".

Pola súa parte, o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, subliñou que "esta escorrentía foi causada pola propia construción da A-52 sen prever un sistema de drenaxe adecuado. Agora, décadas despois, somos nós quen temos que poñer solución a un problema que, por xustiza, debería resolver o Ministerio. Iso si, ante o perigo actual, o Concello ten que actuar de forma inmediata para garantir a seguridade cidadá".

O proxecto contempla ademais a renovación completa das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, así como a reposición dos pavimentos e renovación da iluminación pública e canalizacións de telecomunicacións. As obras, que afectarán a viais de titularidade municipal como a rúa Gulpilleira, Antonio Palacios e Fernández Areal, terán un prazo estimado de execución de seis meses.

A día de hoxe, o Concello atópase á espera da emisión dos informes sectoriais correspondentes por parte do Ministerio de Fomento para poder iniciar as obras, comprometéndose a seguir traballando para que se concrete o convenio de colaboración.

Con esta actuación, o Concello do Porriño reafirma o seu compromiso coa seguridade cidadá e a mellora das infraestruturas municipais.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria