O Concello do Porriño acolle unha xornada formativa sobre comunicación e autoemprego dirixida a alumnado de FP

O alumnado do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do IES Indalecio Pérez Tizón participou esta mañá nunha xornada formativa no Concello do Porriño, centrada na importancia da comunicación institucional como ferramenta fundamental para achegar á cidadanía a actividade municipal e, ao mesmo tempo, coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece a contratación pública como vía de autoemprego.

Durante a visita, foron recibidos polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quen destacou a importancia da comunicación como unha ferramenta esencial para construír unha administración máis próxima, transparente e eficaz.

"Nun momento no que as administracións públicas necesitan comunicar mellor e ser máis accesibles, os profesionais do marketing e a publicidade teñen un papel esencial. Formarse nestes ámbitos abre portas non só no sector privado, senón tamén na colaboración coas institucións a través da contratación pública", sinalou o rexedor.

Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man como se xestionan os procesos de contratación administrativa na administración local, co obxectivo de abrir novas vías de colaboración e promover a posibilidade de ofrecer os seus servizos á administración pública.

"A contratación pública non debe ser algo alleo nin complexo para quen quere emprender. Hoxe achegámosvos un pouco máis a esa realidade e desexamos que esta experiencia vos anime a poñer en marcha os vosos proxectos", engadiu Lorenzo.

A actividade forma parte dunha iniciativa didáctica promovida polo equipo docente do IES Indalecio Pérez Tizón, que busca vincular a formación académica co mundo real e promover a cultura do autoemprego entre o alumnado.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria