O CEIP Xosé Fernández López estrena curso con comedor

O servizo, con 175 prazas, estará en marcha dende setembro dando resposta a unha demanda histórica das familias que, xunto coa aula madruga, terán agora máis facilidades para conciliar

O Concello do Porriño pon a punto todos os colexios, escolas infantís e centros de día e inclúe diversas partidas no orzamento para acometer melloras

Anunciárase fai uns meses e xa é unha realidade.  O CEIP Xosé Fernández López ofrecerá neste curso que está a piques de comezar o servizo de comedor escolar. O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, fixo unha visita ás obras que se están a levar a cabo no centro, agora durante o verán, para deixar todo a punto nun par de semanas cando o alumnado volva ás aulas.

O comedor sitúase na edificación que albergaba a vivenda do conserxe e estancias contiguas, que foron acondicionadas para tal fin. Os traballos consistiron na demolición de todos os tabiques que dividían as diferentes salas habilitando dous grandes espazos, un deles o comedor, con capacidade para 96 comensais, e outro destinado a biblioteca. Colocouse novo falso teito, novo pavimento e nova carpintería interior e modificáronse as instalacións de electricidade e datos, para adaptalas á nova distribución. Todo elo para dar resposta a unha das principais demandas deste colexio, o único público do casco urbano e que conta con preto de 400 escolares repartidos nos tres cursos de educación infantil e os seis de primaria.

Dende o Concello destacan “a absoluta e total predisposición da Anpa A Oliveira colaborando en todo momento e a quen agradecemos o seu labor”, subliña o alcalde á vez que explica que serán ambas entidades as que se encarguen da xestión do servizo durante este primeiro trimestre de curso, ata que, previsiblemente no mes de xaneiro, se saque a licitación e o custo sexa xa asumido de maneira íntegra pola Xunta de Galicia.

“Era unha necesidade imperiosa que viñan demandado as familias dende hai moitos anos. Unha medida que, sumada á aula madruga posta en marcha xa o pasado curso, facilitará notablemente a conciliación”, explica Lorenzo.

O alcalde indica que, ao igual que actuacións como esta, se están a levar e se levarán a cabo en todos os centros educativos do Porriño, atendendo sempre as súas demandas. “Así, actualmente estanse realizando traballos de posta a punto dos diferentes colexios, escolas infantís e centro de día que en breve iniciarán novo curso e, a maiores, seguiremos poñendo en marcha diversas actuacións de melloras incluídas xa algunhas delas no novo orzamento, pendente unicamente da súa ratificación en pleno, o cal está previsto se celebre nas vindeiras semanas”.

Nesta actuación no CEIP Xosé Fernández López incluíuse tamén a retirada dun depósito de combustible que se situaba próximo a onde está agora o comedor, trasladándoo a outra zona máis segura, e a substitución do valado na zona traseira do recinto, xa que o anterior se atopaba en moi mal estado e supoñía un risco para o alumnado. A maiores tamén se levou a cabo a reparación da cuberta do pavillón deportivo, que presentaba problemas de illamento e xa está proxectada a creación dunha zona verde de xogo infantil. Melloras ás que hai que sumar, neste pasado curso, a instalación dunha pista multideporte, o acondicionamento do patio cuberto e a mellora dos vestiarios do ximnasio. O que supón unha inversión total de máis de 100.000 euros.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos