O alumnado porriñés aprende ao ritmo da eco percusión

323 alumnos/as de de 5º e 6º de primaria do Porriño amplían a súa formación cun obradoiro de eco-percusión no que aprenden nocións básicas sobre como tocar a caixa, o tambor e a batería.

A actividade, organizada pola concellería de Educación a través da OMIX, comezou hoxe no CEIP Cruz Budiño, e contou coa participación do alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González.

O rexedor animouse a tocar un tema cos nenos e nenas, desenfundou as baquetas e, como se foran unha banda ben consolidada, ofreceron xuntos unha batucada de luxo.

“É marabilloso ver como en apenas unha hora os pequenos e pequenas son capaces de facer soar uns bidóns de plástico...”, explicou o rexedor, que adiantou que “Cando rematen os obradoiros todos os colexios formarán unha gran banda de percusión con material reciclado, e ofrecerán un concerto na praza do Concello para amosar o aprendido: as técnicas de agarre, golpeo, lateralidade, coordinación e uso da percusión vocal e corporal”.

Cabe destacar que, como apuntou o alcalde, nos obradoiro só interveñen instrumentos procedentes de materiais reciclados. Estes materiais anteriormente referidos, tamén cotidiáfonos, poden ser botes de pintura, latas, tubaxes, bidóns.... A metodoloxía empregada é a propia e xenuína do Proxecto Ecopercussión, mesturando elementos de percusión vocal con exercicios de coordinación e patróns polirítmicos afrolatinos.  

“A actividade desenvolverase durante todo o mes de maio nos centro de educación primaria e Aceesca”, apuntou a concelleira, “Consta de dúas partes, os obradoiros en cada centro  e o concerto final que se celebrará na Praza Arquitecto Antonio Palacios para o disfrute do público en xeral”.

NOVAS / CONCELLO
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos