O alcalde destaca a traxectoria de Darlim como símbolo da forza da empresa familiar galega

Alejandro Lorenzo enxalza o compromiso, a continuidade xeracional e o impacto económico desta entidade durante unha visita institucional xunto á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, as súas instalacións no Polígono da Granxa

O Porriño, 3 de outubro de 2025.- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, puxo hoxe en valor a traxectoria da empresa Darlim, que representa un modelo de éxito da empresa familiar galega, durante unha visita institucional as súas instalacións, no polígono da Granxa, na que acompañou á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana. A compañía, con máis de 40 anos de historia, é unha das referencias do sector a nivel nacional e encarna á perfección o papel estratéxico que xogan as empresas familiares no tecido económico da nosa comunidade.

“Darlim é un orgullo para O Porriño, para Galicia e para todo o país. Un exemplo claro de como a empresa familiar, con compromiso, esforzo e visión de futuro, pode medrar xeración tras xeración ata converterse nunha referencia no seu sector”, sinalou Lorenzo.

Durante a visita, na que estivo presente a directiva de Darlim encabezada polo seu presidente Indalecio Cuevas, e á cal tamén asistiu o concelleiro de Industria, Carlos Martínez, o rexedor subliñou o valor engadido que supón a incorporación da cuarta xeración da familia Cuevas á fronte da empresa. “É unha mostra de continuidade, arraigo e compromiso co territorio. Unha empresa que naceu no Porriño, que creceu aquí e que segue apostando polo noso concello como centro das súas operacións”, engadiu.

Pulmón industrial e motor económico

Lorenzo definiu O Porriño como o "pulmón industrial de Galicia", cunha concentración empresarial que achega riqueza, innovación e emprego de calidade. “Temos a sorte de contar con empresas punteiras como esta, que non só xeran emprego, senón que aplican políticas de benestar laboral que son exemplo para calquera outra compañía”, destacou.

Segundo os datos que ofreceu a conselleira, máis do 80% do emprego privado en Galicia procede da empresa familiar, e no caso galego o peso destas empresas supera o 94% do tecido empresarial, moi por enriba da media estatal.

Pola súa banda, o presidente de Darlim, Indalecio Cuevas, agradeceu a visita e reafirmou o compromiso da empresa co territorio e co futuro: “Estamos moi orgullosos do noso equipo humano, que é a clave do noso crecemento. Levar máis de 40 anos traballando e ver como a cuarta xeración toma a remuda é, sen dúbida, a nosa maior satisfacción.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.