"Necesitamos socializar" reclamou a concelleira Cami Moreira na presentación das Festas do Cristo 2021

As Festas do Cristo, os festexos principais do Porriño, comezan esta noite coa celebración da carreira ciclista "A Nocturna" e a partir do sábado e o domingo coa feira de oportunidades "Merca na rúa". E concluirán o domingo, 3 de outubro, coa celebración da XXVIII Festa dos Callos na que este ano participarán preto de trinta establecementos de hostalería, cun prezo de 7 euros por ración que inclúe o pan e a cazola de recordo.

Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, que hoxe fixo a presentación oficial do programa, afirmou que "necesitamos festas, con serenidade, e socialización, dentro dos límites dos protocolos sanitarios". Moreira dixo que neste segundo ano de celebración en pandemia, coa experiencia adquirida, "todas e todos necesitamos vivir unha normalidade, particularmente que os nenos tamén vexan esa normalidade", engadiu.

En canto ao programa, a concelleira destacou a celebración de numerosos eventos ao aire libre, ata en seis lugares diferentes. Serán a Praza do Concello, o Parque do Cristo, San Sebastián, o auditorio ao aire libre do Centro Cultural Municipal, a carpa instalada na explanada de Roxy e, finalmente, o aparcadoiro do velódromo municipal que albergará unha sesión de auto-cine coa proxección das curtas finalistas no último Festival de Cans.

Entre as actuacións musicais que están programadas, Cami Moreira destacou a presenza o domingo 26, do grupo de cantareiras "As Tanxugueiras", de máxima relevancia por ser as que lideran coa súa canción "Figa", os votos dos seguidores a representar España no Festival de Eurovisión 2022.

Entre as novidades do programa, Cami Moreira destacou o "Trivium Porriño", un xogo de "trivial" sobre o municipio que poñerá a proba o coñecemento sobre Porriño das parellas que participen nas sucesivas eliminacións que comezarán o domingo 19.

Finalmente, a concelleira anunciou que haberá uns pregoeiros moi especiais: Antonio Palacios e Corona Gónzalez, encarnados polos actores que interpretan a ambos personaxes nas visitas guiadas dedicadas ao arquitecto porriñés durante este ano 2021. O acto do pregón será o sábado 25, ás 13 horas, no que suporá o inicio da Semana Grande das Festas que  inclúe o festivo local do luns 27 e que rematará o domingo 3 de outubro, "O Recristo". 

NOVAS / CONCELLO
CARTEL INFORMATIVO.jpg
O Porriño convértese no aliado das familias esta Semana Santa con campamentos e obradoiros
Ao campamento de Semana Santa súmase o obradoiro de programación e tecnoloxía
prantacion arbores risca 1.jpg
As nenas e nenos do Porriño celebran o Día da Árbore cunha prantación na Risca
Alumnado dos colexios Hermanos Quiroga e José Fernández López, visitaron o pulmón verde da Louriña para aprender a importancia destes espazos e contribuir á súa conservación
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.