Melloras no Centro de Día de Torneiros

O Porriño segue a invertir na calidade dos servizos que presta aos seus maiores. Nesta liña, a entidade local acometerá unha serie de melloras no Centro de Día de Torneiros que redundarán nunha mellor atención aos/as usuarios/as deste centro socio-terapéutico.

Nos vindeiros días dará comezo a instalación dunha pérgola na porta de acceso das instalacións, algo moi demandado polo centro xa que en días de choiva, ou tamén en días de moito sol, dificultábase a entrada.

Tamén se colocarán varios parasoles na zona axardinada de lecer, onde se desenvolven moitas das actividades do centro, e se renovará o mobiliario para os obradoiros de horticultura. Isto requirirá unha inversión 14.000 euros.

“Os espazos destinados a coidar dos nosos maiores deben favorecer a súa mobilidade e retardar na medida do posible o seu natural deterioro”, explicou a concelleira de Política Social, Teresa Veloso, “ a estas duas tarefas contribúen ás accións que estamos levando a cabo nesta actuación”.

O centro de Torneiros dispón de 40 prazas para a atención integral diurna de persoas maiores, e está dotado dun equipo de profesionais especializado en promover a súa autonomía persoal, as súas relacións e o envellecemento activo, ademais de facilitar a concilicación familiar.

“É un recurso esencial para atender de maneira acaída ás persoas de idade avanzada, un colectivo especialmente sensible á soidade, por iso estamos en comunicación constante coa dirección do centro e traballamos da man para que as súas instalacións estean nas mellores condicións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, engadindo que “trasmitíronnos varias propostas de mellora máis, das que tomamos boa nota para poder dar resposta o antes posible, como a instalación dun parque biosaudable”.

NOVAS / CONCELLO
3F70670D-4B62-4C85-AAE3-B036A325A6B9.jpg
O Concello do Porriño impulsa a mellora integral do entorno do local social do Casal, en Budiño
Cunha inversión arredor dos 250.000 euros, O Concello do Porriño mellorará a accesibilidade e a calidade das instalacións e creará un parque infantil e varias zonas axardinadas
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria