Medio cento de porriñeses coñecen a vila natal do filántropo Ramón González

O Concello organiza unha viaxe a Ribadeo logo de que ambos pobos se irmandasen honrando a memoria deste empresario que contribuíu ao desenvolvemento económico e cultural das dúas vilas

 O Porriño, 12 de agosto de 2025.- Se fai uns meses un grupo de veciños do Porriño viaxaban a Madrid para coñecer a obra de Antonio Palacios na capital do Estado, hoxe, outro medio cento de porriñeses desfrutan dunha excursión a Ribadeo para, do mesmo xeito, saber máis do legado do filántropo Ramón González, figura pola cal ambos pobos galegos irmandáronse este mesmo ano. Un legado que sigue vivo na memoria de ámbalas dúas vivas a través das súas obras e contribucións.

O alcalde Alejandro Lorenzo acudía ás inmediacións do polideportivo municipal, de onde partiu o autobús, para desexarlle á veciñanza participante nesta iniciativa turística e cultural, unha boa xornada. "Hoxe é un día para desfrutar, para coñecer e para sentirnos orgullosos das nosas raíces compartidas. Deséxovos a todos e todas unha marabillosa xornada en Ribadeo, aproveitando para admirar as súas paisaxes e afondar no legado de Ramón González, unha figura clave que une O Porriño e Ribadeo nun irmandamento cheo de historia e futuro. Que desfrutedes da experiencia e da compañía, porque cada paso que damos na memoria é tamén un paso cara adiante."

A veciñanza viaxa acompañada da concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, que fai fincapé na importancia de levar a cabo iniciativas como estas. “Continuamos a traballar para achegar a cultura á cidadanía e poñer en valor os lazos que nos unen con outros pobos galegos. Estas viaxes, que ademais son gratuítas para os participantes, son unha oportunidade para aprender, compartir e fortalecer o orgullo de pertencermos a unha terra con tanta riqueza histórica e patrimonial."

Trala visita e xantar nesta vila da Mariña Lucense, onde foron recibidos polo alcalde Daniel Vega e outras autoridades municipais, a excursión continúa pola tarde para coñecer outra localidade con moita historia, Mondoñedo, onde visitarán a súa emblemática catedral.

Esta visita será recíproca e no Porriño agardan xa a chegada dos veciños de Ribadeo á vila, “onde serán recibidos como na súa propia casa porque no Porriño recibimos a todo o mundo cos brazos abertos. Será un pracer recibir aos ribadenses e estreitar lazos entre as nosas localidades”, indica Alejandro Lorenzo.

Achegar a cultura á cidadanía

Dende o Concello do Porriño síguese promovendo iniciativas de lecer e carácter cultural como esta, que non só permiten descubrir o patrimonio doutras localidades, senón que tamén fortalecen os vínculos entre pobos e fomentan a convivencia e o sentimento de pertenza.

“A aposta por achegar a cultura á veciñanza continuará sendo unha prioridade dentro da programación municipal”, subliña o alcalde incidindo neste sentido en que “dende o Concello, ademais de divulgar todas estas iniciativas a través dos medios de comunicación, webs e redes sociais, tamén llo trasladamos ás diferentes asociacións veciñais para que teñan un coñecemento inmediato e directo e agora ademais abrimos unha nova canle a través da cal todas as persoas que estean interesadas en recibir este tipo de información no lo trasladen, rexistrando esa petición, para a partir de aí recibir persoalmente tódolos avisos respecto da posta en marcha de actividades como estas nas que pode participar”.

NOVAS / CONCELLO
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.
WhatsApp Image 2026-03-12 at 09.38.50.jpg
O Concello do Porriño remata as súas Xornadas formativas sobre alimentación saudable nos centros educativos da vila
As actividades, impulsadas pola Concellería de Sanidade e a OMIX no marco do Plan de Saúde Local e coa colaboración do Sergas, realizáronse en horario lectivo ao longo de catro xornadas nas que participaron case 400 alumnos e alumnas.