Maxia, auga e deporte para refrescar a fin de semana no Porriño

A Praza Arquitecto Antonio Palacios acolle mañá pola noite un espectáculo a cargo do Mago Rafa e na tarde do domingo inchables de auga, tobogán e festa da espuma

No pavillón municipal dispútase o II Memorial Julio Gilsanz e Pontellas festexa Santo Paio

 O Porriño, 8 de agosto de 2025.- No Concello do Porriño a actividade cultural e festiva non cesa no mes de agosto. Un espectáculo de maxia, inchables de auga e as festas patronais de Santo Paio conforman a a axenda cultural desta fin de semana na capital da Louriña.

A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá mañá sábado, a partir das 22.00 horas, un espectáculo para rir, sorprenderse e compartir. Será a cargo do Mago Rafa, que trae ao Porriño “Experiencias en familia”, unha proposta única e interactiva, pensada para que grandes e pequenos vivan momentos inesquecibles xuntos.

Xa o domingo, como todos os dos meses de xullo e agosto, instalaranse un tobogán xigante de 15 metros e inchables de auga para refrescar a tarde aos máis pequenos da casa rematando con festa da espuma.  e para desfrutar  de auga para pasar unha tarde. Será de 17.30 a 20.00 horas.

"Queremos que o Porriño sexa un lugar onde as familias poidan desfrutar xuntas do verán, da cultura e do lecer. Por iso, seguimos apostando por unha programación diversa, pensada para todos os públicos, e que enche de vida as nosas rúas e prazas. A veciñanza merece unha vila activa, dinámica e chea de ilusións, tamén en agosto”, sinala o alcalde Alejandro Lorenzo.

No ámbito deportivo, o pavillón municipal acolle dende hoxe o II Memorial Julio Gilsanz. Tralos resultados dos encontros desta tarde nos que se enfronta o Guardés contra o Gran Canaria e o Club Balonmán Porriño contra o Braga, mañá sábado disputarase o terceiro e cuarto posto, ás 18.00 horas, e a gran final ás 20.00 horas. A entrada é de balde.

De xeito paralelo, na parroquia de Pontellas celebran esta fin de semana as festas na honra a Santo Paio. Mañá sábado, a partir das 21.30 horas, haberá unha gran sardiñada, na que se servirá tamén porco ao espeto e polbo, amenizada coa música dos Reis da Troula, Os Festicultores e un dj. O domingo, ás 10.30 horas, será a saída do ramo dende Pousadela, acompañada pola Banda de Gaitas de Paramos de Tui; ás 12.30 horas misa solemne con procesión e pola noite actuación dos grupos Lume e Tania Veiras. Os actos festivos rematarán o luns 11, ao mediodía oficiarase a misa seguida da procesión acompañada da Banda de Música Municipal do Porriño e a verbena estará amenizada polas orquestras Finisterre e La Oca Band.

NOVAS / CONCELLO
Apertura sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano (2).jpg
O Porriño abre o sexto aparcadoiro público gratuíto no centro urbano
Súmase aos cinco xa existentes, situados en puntos estratéxicos como as rúas Progreso, Travesía Avelino Villasuso, Pontevedra e Antonio Palacios, consolidando unha rede que contribúe a desconxestionar o tráfico nas vías principais e a facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio local
WhatsApp Image 2026-03-18 at 11.48.28.jpg
O Porriño encara a recta final para contar por fin cun auditorio moderno e versátil
A obra do futuro auditorio municipal avanza a bo ritmo e permitirá dotar ao Porriño dun espazo escénico de referencia, adaptado ás necesidades actuais da programación cultural e do tecido asociativo local.
WhatsApp Image 2026-03-18 at 14.32.19.jpg
O Multiusos de Torneiros acolle novos obradoiros para achegar a tecnoloxía á cidadanía
O Concello do Porriño, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, pon en marcha no Multiusos de Torneiros dous novos obradoiros de formación dixital dirixidos á veciñanza en xeral e ás persoas maiores de 60 anos. As actividades desenvolveranse durante o mes de abril en horario de mañá, con continuidade en maio e xuño, e requiren inscrición previa dentro dos prazos establecidos.
WhatsApp Image 2026-03-17 at 14.11.38.jpg
Adxudicadas as obras que mellorarán a rede de sameamento en Budiño
O investimento nesta actuación sitúase arredor dos 180.000 euros, consolidando unha mellora significativa das infraestruturas hidráulicas na parroquia de Budiño.
FOTO 1 (3).jpg
Sergio Rodríguez parte do Porriño con moita forza para disputar o Campionato de Europa Máster en Polonia
O atleta, que foi recibido polo alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de conseguir dous ouros no Campionato de España Máster 35 de Pista Cuberta.
WhatsApp Image 2026-03-16 at 13.34.33.jpg
O Porriño pecha 2025 co maior superavit da historia: 7,46 millóns, con 11,5 milóns de remanente e sen facturas pendentes
O documento de liquidación orzamentaria ratifica a solvencia do Concello, que reduce o pago a provedores de 501 días en 2021 a un mínimo histórico de 38 días e elimina por completo as facturas sen aplicación orzamentaria
Canal de Denuncias Fondos Europeos
Canal de Denuncias Fondos Europeos
FOTO 1 (3).jpg
O Porriño acolle a presentación da biografía do empresario José Fernández López
A obra, galardoada co XXI Premio LID de Biografía Empresarial, reconstrúe a traxectoria dun empresario discreto pero decisivo, cuxa pegada segue presente décadas despois.